Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



27/11/12

Espacio y tiempo


Hemos dedicado un tiempo a la lectura del contrato que nuestro concello firmó en su día (2009) con la empresa Orballo S.L. para la limpieza de las calles de nuestra ciudad. Nos hemos centrado en el casco histórico, con sus sempiternos problemas de suciedad y abandono, asociados en gran medida a  la afluencia de jóvenes durante el fin de semana a los locales de ocio que se toleran en nuestras calles. Y esto es lo que nos hemos encontrado.

Para que se hagan una idea clara intentaremos ser concisos en la medida de lo posible:

En dicho contrato se precisa mediante una memoria-presupuesto anexa de carácter contractual, los nombres de las calles que la empresa debe limpiar y, atención, su periodicidad. De ello depende el cálculo de tiempo y metros de superficie con los que se llegará al monto total que el concello paga a Orballo por este concepto (0,0069 €/m2) . Pues bien, dicha memoria con el listado de calles, periodicidad y superficies, firmado por el Sr. J. M. Melero, aparejador municipal, recoge lo siguiente en términos generales en lo que respecta a la frecuencia de limpieza:



Que quienes por estas tierras viven, determinen si se cumple o no religiosamente la frecuencia arriba indicada, contratada y pagada por todos nosotros. Recuerden que el fin de semana y lunes, tres días seguidos bajo los efectos de la movida nocturna, nuestras calles y plazas relucen. Al menos en el papel. Que es dinero, mucho dinero. Para hacernos una idea el contrato al completo -para toda la ciudad- habla de lo siguiente: 





El cálculo para cada día de la semana se realiza en función de la superficie en m2 por limpiar (en el cuadro m2/día) multiplicada por los 52/3 del año (en el cuadro m2 total). Sólo falta poner el precio de cada m2 (en negrita en el cuadro) y multiplicarlo por ese total de metros cuadrados. No falla.

La cuestión reside, como se ve, en los tiempos contratados, ¿se cumplen? y las superficies. Esa es la segunda cuestión que ahora abordaremos. Descansen, que aún hay más.

Cada calle, en el documento firmado por el Sr. Melero al que nos referimos, tiene la indicación de ancho y largo, para de este modo obtener su superficie (no se olviden de los 0, 0069 €/m2). Si se leen los datos con detenimiento se observa un ancho común de 2´5 m2 para todas las calles del casco histórico, una media práctica que aúna la confusa red de callejuelas, callejones, traviesas y calles variadas del lugar. Pero el largo sí importa, digan lo que digan. Vamos a él.

Pacientemente, con las medidas aproximadas que nos aporta el Instituto Geográfico Nacional (http://www.ign.es/ign/main/index.do) , hemos cotejado la longitud de algunas calles y la que está indicada en la memoria-presupueso (no se olviden de los 0,0069 €/m2). Sorprendentemente, no casan, no nos cuadran: las del informe son mayores, y mucho. La longitud de las calles según el  documento no se corresponde con la que hemos obtenido, aún concediendo el margen de error que se quiera a nuestro rudimentario sistema. Les ofrecemos algunos ejemplos (clic para aumentar la imagen):








C/Placer
Nuestra medida: 162 m.
Según memoria: 343,86 m














c/Obispo Castañón
Nuestra medida: 161m
Memoria-presupuesto: 334,16











c/ Entrefornos

Nuestra medida: 140,95
Memoria: 267, 34













c/ Seixas
Nuestra medida: 97,65m
Memoria- orzamento: 198, 82m 
















c/ Obispo Lago

Memoria: 394,12
Nuestra medida: 195 m














c/ Piñeiro
nuestra medida: 169 m
memoria: 292 m


















C/ S. Telmo
Nosotros: 295 m
Memoria: 637 m













Las medidas de las plazas nos plantean dudas acerca de la exclusión o inclusión de las calles que las cruzan. En el primer caso habría que restar a la superficie la que corresponde a la calle, en el segundo, tendría que restarse longitud y, por ello, superficie, a la calle correspondiente. La plaza del Placer resulta un buen ejemplo de ello pues dos calles la cruzan (Placer y Obispo Castañón). Los resultados que obtenemos en cada una de las dos medidas es  inferior a la consignada en la memoria (423 m2):












No nos extendemos más en el asunto (les invitamos a que hagan sus mediciones y contrasten, no vaya a ser que se nos escape algún dato relevante). Este es el contrato y sus condiciones. El control de su cumplimiento, la comprobación de las medidas y, como consecuencia, cálculo de dinero pagado a Orballo S. L. (contrato de dos años desde el 2009 y con ampliación por otros dos) es responsabilidad del concello. 

N.B. Hemos de añadir algunas omisiones de calles - nos referimos al casco histórico- en la memoria que, por lo que se puede deducir, no merecen limpieza. Son, en términos generales, las del entorno del Arrabal de Frianxo y de Río Muiños.













15/11/12

A beleza das lúas

Non deberían sorprenderse os esforzados munícipes de que, de cando en vez, cheguen  a lugares con máis visibilidade os efectos da consentida concentración de pubs, clubs ou como se queiran denominar, con licenza que envidiaría James Bond. Son simples salpicaduras dun mar que bate nas terras baixas e en pendente do sufrido casco. 

Non é cousa de admirarse que o vandalismo faga o seu traballo con bens públicos e privados aproveitando as altas horas, a nocturnidade, os chupitos mal dixeridos e a imposibilidade metafísica dunha vixiancia a pé -agotadora- polas estreitas rúas nas que se atopan moitos destes lucrativos negocios. 

E mentras non se queira aceptar a evidencia, mentras non se ollen outros exemplos para aprender e escarmentar en cabeza allea, seguiremos así, con robos e danos nos coches, patrimonio deteriorado, suciedade, ruido, desperfectos e outras lindezas de fin de semana polas invisibles terras do casco  e ocasionalmente salpicaduras máis lucidas alá.enriba.

 Solucionarase, vaticinamos, con reunión da Comisión do Almirantazgo da Altas Salas e foto en prensa. Ou con incrementos de paseos en coche. Ou coa enésima reunión con propietarios destes locais para analizar o problema. Con foto. Ou ben cunha nota de prensa a dúas columnas amosando a preocupación pola situación e a necesidade de dialogar cos axentes sociais implicados, a posta en marcha ou mellor aínda, a implementación de medidas ... e demáis frases manidas  que fai o ordenador cun botonciño.

Isto é todo o alcance dos que quedan mirando bocabertos o dedo cando lles sinala onde está a beleza da lúa, coma reza o coñecido proverbio. 

Mentras tanto, ahí teñen as imaxes doutras lúas. Éstas demasiado accesibles aos bárbaros.


N.B. Damos as gracias ao sufrido cidadán que nos ten enviado estas e outras fotografías das que iremos facendo uso para amosar os extremos de gamberrismo asociado á movida nocturna que moitos tudenses teñen que aturar.

8/11/12

Un chupito, por favor


Outra vez temos que falar desa especial situación dos pubs do casco con licenza variopinta- cando a hai - que lles permite horarios de peche á carta entre outra lindezas. Levamos anos sufrindo a degradación do patrimonio, do mobiliario urbano, de bens privados, o deterioro da calidade de vida dos abandonados veciños con gritos, vómitos, gamberradas e aguas maiores e menores nas portas ou onde cadre, fruto dunha actitude permisiva e relaxada con negocios incompatibles coa recuperación do casco e a necesidade de fixar poboación nel. As promesas electorais quedan lonxe e non se quere aprender a primeira lección de rehabilitación dos cascos históricos que non ten que ver co cemento.


A pasada fin de semana, unha vez máis, amañeceu a cidade con desagradables sorpresas para algúns conveciños que viron os efectos do gamberrismo nos seus bens: robo de carteis, rotura de cristais e desperfectos varios. Non é, por suposto, a primeira vez - e non será a última- e dende aquí temos falado da necesidade de tomar en serio o problema. Non se pode permitir a concentración destes locais na zona vella, nin a laxitude nas obligacións horarias, nin as licenzas de calquer cousa menos a verdadeira actividade que alí se desenrola, nin a ausencia de vixiancia a pé, nin o descontrol do tráfico e estacionamento nas rúas vellas.
Cando un drama suceda, botaremos as mans á cabeza, e faremos como se fose algo inaudito que tal local superaba o seu aforo, que outro non tiña licencia, outro non cumpría os requisitos de seguridade, e buscaranse culpables. Temos ante os ollos o problema pero falta vontade para solucionalo.

Un exemplo do caos no que se vive por estas terras que reciben as visitas dos munícipes, polo que parece, só nas procesións, son estas imaxes procedentes dun local autodenominado club, pertrechado con Djs e interrogantes horarios, sito na castigada rúa S. Telmo. Sen recato, sen pudor, coa naturalidade que é mostra do que sempre se fixo e, se non se aprende dunha vez da evidencia, se seguirá facendo. Quedan invitados a un chupito. A hora póñena vostedes que para iso estamos onde estamos.




27/10/12

Pádel

A nosa historia local repite á súa escala os males que durante anos xestaron a situación actual acentuados pola crise económica. Foron tempos nos que os representantes do pobo podían permitirse non estar á altura das circunstancias, das necesidades, do futuro. Lentamente íbase fraguando un sustrato de derroche, de desatención aos proxectos de verdadeiro alcance social,  de mediocridade e falta de ideas nas inversións, disfrazadas de megalomanía e espectáculo. Só importaba atender ao impacto nas masas de votantes narcotizadas, nunca educadas no sentido do público, do común. Eles eran fillos inevitables desa incapacidade para considerar aos votantes coma cidadáns.  Nunca souberon diferenciar o seu interese persoal -a farola, a finca, o asfaltado, a fe ós seus- do que importa aos máis, da ágora de intereses contrapostos  polos que loitar. Traballaban cegos a un mundo cambiante e aos seus retos, cegos ante o apoio dunha masa tan cega coma eles, pero iso, dicían, era a democracia. O poder da maioría que lles daba a razón. E bastaba.

Agora temos chegado, coa inercia dese empuxe, á estación final. Cambiou o escenario porque xa non se pode manter máis tempo a mentira vivida. Cambiou a trama, en busca de desenlace inesperado. Mudouse a historia en drama e, sen embargo, aínda quedan personaxes que pretenden levar adiante a comedia na que a súa presencia tiña un sentido. Son eses personaxes desenfocados que, a estas alturas do conto, xogan ao pádel nos xardíns de palacio mentras fora alentan os bárbaros. Personaxes grotescos que alimentan esa sensación de traxedia no máis xenuino que ela ten: o camiño cara un destino inevitable pero que todos coñecen salvo eles. Por iso pasarán á nosa historia local coma quenes con boas ou peores intencións só souberon facer un ridículo que todos sufrimos. Un legado tráxico.

_____________

Enlace (na páxina 15 do documento adxudícase ao concello a axuda para a construcción dunha pista de pádel. Compárese con outros proxectos)

25/10/12

El concepto de lo público

No podemos pasar por alto estas imágenes que nos dejan sin calificativos: empleados municipales lavando un coche particular en dependencias del concello. Una peculiar forma de dar trabajo a quienes pagamos todos y que, a buen seguro, tienen muchas otras tareas -para eso se han contratado- a las que dedicarse. Por el casco histórico se necesitan.
 
El concejal propietario del coche, o al menos quien lo usa habitualmente, el Sr. Manuel González, conocido por el apodo familiar de Rato, responsable del departamento de Limpeza, Recollida de Lixo, Servizos municipales, Parque móvil e Cemiterios, parece considerar que lo público y lo privado se confunden hasta llegar a niveles sonrojantes. Cuando se actúa así, con el desparpajo y la naturalidad que suponemos, poca esperanza queda para quienes consideramos que un político debe estar a otra altura. Y si no sabe subirse, alguien debería ayudarle que no sufra de vértigo.
 
 
Finalmente el flamante coche quedó reluciente, eso sí. Es lo que importa.
 
 

19/10/12

Austeridade á tudense

Como dixemos nun post anterior, parécenos que non deben pasarse por alto algúns dos gastos aprobados no Pleno pasado para ser recoñecidos extraxudicialmente.
Os cidadáns poden deducir dalgúns deles as prioridades na xestión dos cartos públicos e, ao tempo, cando reciban a consabida resposta "non hai cartos" para determinados fins, recorden en qué preferiron gastalos eses que con cara compunxida e de circunstancias falan de austeridade.

1. O gasto calórico: Sen olvidar os gastos que tiñamos comentado no pasado Nadal, temos que sumar por aquelas datas este novo que agora coñecemos: un almorzo para periodistas (en torno a unha decena de comensais con membros do concello) no Parador por 262,02 euriños. Un mes antes, celebrouse un Día do Bosque Ibérico (1) que consistiu, entre outras actividades, nun petisco de 810,16 €.

2. O gasto de promoción intelixente. Tamén nese mesmo decembro decidiuse gastar 696,32 € en dúas inversións que, ninguén o dubida, deben aportar un considerable incremento nas visitas á cidade: publicidade en dous especiais comarcais do Atlántico Diario(día de Nadal e Fin de ano). Uns cartos moi ben invertidos no periódico cun target idóneo para a promoción da cidade.

3. O gasto en humidade. Chámanos a atención este gasto nun alquiler dun deshumidificador durante 23 días no albergue de Santo Domingo por un montante de 306 €. Debía correr un segundo Miño polas paredes.

4. O gasto festivo. 1239 € nunha festa-baile para maiores no centro social de Sobral.  513€ nun servizo  de autobuses Malvas- Coruña para veciños daquela parroquia que se desprazaron para unha visita que tivo lugar pouco antes das eleccións xerais de novembro de 2011.


ANEXO CULTURAL

Ao marxe dos gastos anteriores que se aprobaron no Pleno, non podemos deixar de aludir a outros que fixemos todos nós este verán no concerto Festimiño (coas actuacións de Dover, e uns Djs de altura: o fillo de Ángel Nieto, Fonsi, un entendido no escape libre e Sexation, moi coñecida pola inquietante mirada) e organizado por iniciativa privada con barras onde se venderon néctares variados. Contou cunha xugosa axuda do concello:


  • Alquiler sanitarios: 849, 60 €
  • Limpeza 666, 64€
  • Electricidade e instalación 731,60 €
  • Sonido e iluminación ( con fumo e flash, imprescindibles) 7080 €
  • Total: Así, por riba, 9100 €


Así, da gusto facer negocios. E mentras tanto, a cidade, sen ideas e obxectivos culturais - qué será iso- esmorece.




_____________

(1) Según o dossier do enlace, os nenos galegos e portugueses plantaron 350 árbores. O petisco, non se esquezan, 810 € (non sabemos se os veciños portugueses pagaron tamén algo). Outro días ofrecerémoslles as fotos do estado en que se atopa esta inversión da eurocidade e o xeito en que se tratan estes fondos.