.
Sabemos que moita xente aínda considera aos animais non humanos coma obxectos máis ou menos útiles para o todopoderoso home, e que a diversión de éste atópase moi por encima de calquer outra consideración sobre o sufrimento ou o benestar daqueles. A falta de empatía, a incapacidade para deixar de lado os falsos prexuízos sobre a dor e a actividade psíquica dos animais,o rechazo das posturas de quenes defendemos a sensibilidade e o respeto con argumentos tales coma os baseados na historia ou a tradición - coma se non existise a inmoralidade nas costumes e nos hábitos culturales e a posibilidade do seu cambio- son, desgraciadamente, actitudes comúns no noso entorno.
Sen embargo, moitos cidadáns comezamos a estar sensibilizados ante esta deplorable actitude hacia os animais. Négamonos a levar aos nosos nenos a estes "espectáculos" e presionamos aos nosos representantes políticos para trasladar á lexislación a responsabilidade que os humáns temos de respetar a vida animal e abandonar as crueldades innecesarias contra os animais.
Sumándonos a esta reclamación moral e política, pretendemos impulsar unha campaña na nosa cidade para solicitar aos nosos representantes que se declare a Tui, cidade libre de circos e espectáculos con animais, coma teñen feito outras moitas do noso entorno (Tomiño, Vigo, Nigrán e máis de dous centenares en toda España). Organizarase do seguinte xeito:
- Recollida de firmas nos establecimentos colaboradores.
- Presentación, a fines de abril das firmas no rexistro do concello.
- Solicitude de proposta de moción para que o concello de Tui prohiba a presenza de circos ou atraccións de feria con animais.
- Búsqueda de apoio entre os grupos políticos con representación na nosa cidade.
¡Gracias a todos polo voso apoio máis humano!
N.B. Sobre circos sen animais en concellos españoles podedes consultar esta páxina
No hay comentarios:
Publicar un comentario