Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



Mostrando entradas con la etiqueta cuestionario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cuestionario. Mostrar todas las entradas

19/5/11

Cuestionario

Aquí temos os resultados do cuestionario que propuxemos fai arredor de un mes aos diferentes partidos que se presentan nestas inminentes eleccións, coa excepción do PNG que naqueles días, aínda non tiña presentada a súa candidatura.

Agradecemos aos tres partidos que tiveron a ben participar (AT, BNG, Converxencia XXI) o seu traballo en respostar ás 17 cuestións plantexadas, pois sabemos que nin lles sobraba tempo nesta intensa campaña, nen por tal quixeron deixar de compartir con todos nós as súas ideas, buscando ocos nas axendas onde non os había.

23/3/11

Cuestionario

Agradecemos a axuda na redacción do cuestionario que lle temos remitido aos grupos políticos que se presentarán nos próximos comicios. Cando recibamos as respostas, as compartiremos para comentar entre todos. Este é o enlace ao documento enviado.