Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



23/1/14

Alegacións e arqueoloxía

Parécenos oportuno compartir con todos vós as alegacións ao Plan de Peatonalización elaboradas por Foro Tude xunto  coas que nos remitiu amablemente J. A. Quiroga, quen plantexa unha interesante proposta de aparcadoiros.




 Para acompañar con imaxes o post e darlle unha nota de color, ofrecemos, non sabemos se en exclusiva - leva así varios meses-, a simbólica caída do monolito con placa conmemorativa dos tempos da inauguración do paseo fluvial,  tragada polos socavóns galopantes que se suceden pola zona. Se perde así, ganancia para os arqueólogos do futuro, a única a proba que os cidadáns tudenses tiñan de que existiu un paseo pola beira do río que foi festexado con honores casi rexios. Que a terra lle sexa leve.



20/1/14

De volta e reviravolta

Saudámosvos a todos despois desta tempada sin moita actividade no Facebook e unha parálise
galopante -se se poden mesturar así os contrarios- neste blog. A verdade é que non tiñamos moitas novas que dar máis alá dos consabidos derrumbes, alcantarillas atascadas, ruidos con nocturnidade, pubs e horarios a deshora, vixiancia... e repetir a historia fotografiada nos posts xa publicados no que a data non importa, instalados coma estamos nun tempo detido.


Sen embargo, ante os cambios que, ao fin,  parece que se aveciñan relacionados coa peatonalización do casco decidimos retomar o fío desta conversa que aquí mantíamos empurrados pola  preocupación e o desespero ante situación do casco.

Para comenzar queríamos ofrecervos as imaxes coas que acompañamos este texto: a desmontaxe, fai uns días, de parte da cuberta do noso coitado Teatro Principal co fin de evitar posibles desprendimentos ou derrumbes na rúa, sufragada pola fundación que promove, cáseque dende o tempo dos xogos florais, a súa digna resurrección.


Vexan que fermosa loce a luz dunha mañán de inverno nas pedras do edificio que ben podería ser o eixo da recuperación do conxunto histórico.