Unha longa viaxe comenza co movimento dun pé. (Lao -Tse)
Sen comentarios |
Continuamos a ser escravos dun pasado teimoso e obstinado que toma por sinónimos xardiñería e desbroce, limpeza e baldeos, actividade hostelera e pubs, vitalidade con coches e vandalismo, nun ciclo infernal que non se actualiza nin a golpe de xuventude e savia nova nas altas salas do concello.
Así nestas rúas unha anduriña xa fai verán e pódenos a ansiedade dos náufragos na búsqueda de indicios de terra firme e alegra, na desesperación, ver unha ideíña no horizonte, un primer paso nunha dirección que nunca se tomara en anos.
Xardiñeiras na rúa |
Agora, xa que a mitade dunha tarefa está en comenzala (algo así dicía un clásico), esperaremos pola outra metade. Pola que pasa por traballar en serio pola limpeza, a beleza e a dignidade destas pedras, que polo de agora, nun imaxinario concurso en competencia con outros centros históricos, e non fai falla ir lonxe, leva perdido moitos premios. Pedimos neste infausto comezo do siglo XXI, aquel que de nenos soñamos poboado de naves e viaxes interestelares, un camionciño de limpeza de rúas, un servizo de xardiñeiros con xardíns e parques que coidar, unha hostelería regulada e concorde coa vida humana no casco, rúas e prazas para homes e non garaxes, un sentido da dignidade, en fin, que non sabe de progresos malentendidos.Non parece moito pero está lonxe, moi lonxe.
Non cabe duda de que disfrutar da natureza realzada entre as pedras, domesticación leve do mundo vexetal, é un sinal de civilización, de búsqueda dun pracer manufacturado, gastronómico. O progreso da humanidade , dende o bíblico xardín, vincúlase con ese anceio transgresor.Felicitémonos se a idea é o comenzo dun novo xeito de tratar a cidade histórica. E de vivila.
Que o movimento do metafórico pé significe unha viaxe e non un tacón-punta-tacón ao que, desgraciadamente, estamos, mal que nos pese, acostumados.
(As imaxes proceden das rúas de Ponte de Lima e ilustran o labor, humilde pero digno, dese concello veciño nas súas rúas. (Por certo, non deixen de visitar a súa mostra de xardíns dentro dunha semana).
Panel electrónico con informacións de actividades |
Os bancos píntanse e coídanse. Pasen pola praza da Estrela. |
Zona wi-fi, ciencia ficción por estes lares... |
E si tiveron a paciencia de chegar aquí, un exemplo da oficina de turismo de Ponte de Lima. Da nosa sauna non ofrecemos enlace por pudor.
N.B. Haberá que suxerir a Orballo S. L., esa afortunada empresa que mantemos con moitos euros e ten a responsabilidade dos desbroces (sic) de xardíns e parques, unha visita a terras portuguesas para que descubra que a xardiñería é outra cousa. Ou alguén debería tomar cartas no asunto. Se este é o comenzo, benvido sexa.