Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



8/11/12

Un chupito, por favor


Outra vez temos que falar desa especial situación dos pubs do casco con licenza variopinta- cando a hai - que lles permite horarios de peche á carta entre outra lindezas. Levamos anos sufrindo a degradación do patrimonio, do mobiliario urbano, de bens privados, o deterioro da calidade de vida dos abandonados veciños con gritos, vómitos, gamberradas e aguas maiores e menores nas portas ou onde cadre, fruto dunha actitude permisiva e relaxada con negocios incompatibles coa recuperación do casco e a necesidade de fixar poboación nel. As promesas electorais quedan lonxe e non se quere aprender a primeira lección de rehabilitación dos cascos históricos que non ten que ver co cemento.


A pasada fin de semana, unha vez máis, amañeceu a cidade con desagradables sorpresas para algúns conveciños que viron os efectos do gamberrismo nos seus bens: robo de carteis, rotura de cristais e desperfectos varios. Non é, por suposto, a primeira vez - e non será a última- e dende aquí temos falado da necesidade de tomar en serio o problema. Non se pode permitir a concentración destes locais na zona vella, nin a laxitude nas obligacións horarias, nin as licenzas de calquer cousa menos a verdadeira actividade que alí se desenrola, nin a ausencia de vixiancia a pé, nin o descontrol do tráfico e estacionamento nas rúas vellas.
Cando un drama suceda, botaremos as mans á cabeza, e faremos como se fose algo inaudito que tal local superaba o seu aforo, que outro non tiña licencia, outro non cumpría os requisitos de seguridade, e buscaranse culpables. Temos ante os ollos o problema pero falta vontade para solucionalo.

Un exemplo do caos no que se vive por estas terras que reciben as visitas dos munícipes, polo que parece, só nas procesións, son estas imaxes procedentes dun local autodenominado club, pertrechado con Djs e interrogantes horarios, sito na castigada rúa S. Telmo. Sen recato, sen pudor, coa naturalidade que é mostra do que sempre se fixo e, se non se aprende dunha vez da evidencia, se seguirá facendo. Quedan invitados a un chupito. A hora póñena vostedes que para iso estamos onde estamos.




8 comentarios:

  1. Lo peor es que si no ponen el cartelito podrían hacerlo sin problemas, como hacen otros. El descontrol y mirar para otro lado es el deporte nacional. Como no va a estar desprestigiada la clase politica?

    ResponderEliminar
  2. Non sei como se atreven a andar polas rúas coa sonrisa de bó rollito. Ineptos. Se non servides pra o posto deixar a quen sepa. A ver se polo menostedes dignidade!!!

    ResponderEliminar
  3. Nicolás Lorenzo Montes é o responsable, ademais de cómplice. Se ten un mínimo de dignidade debe dimitir e irse. Este local pertence a alguén moi vinculado co Urbanismo Municipal, ¿Onde están a ética e a ecuanimidade?

    ResponderEliminar
  4. Etica??? Estes cos votos xa teñen toda a explicación da súa conducta. Etica de papeletas.

    ResponderEliminar
  5. Pal Pleno e dimisión!!!!

    ResponderEliminar
  6. "moi vinculado co Urbanismo Municipal" ¿Quén?

    ResponderEliminar
  7. Houbo unha época en Tui, onde os locais pechaban as 04:00 con vixilancia e control da Policia Municipal... Non sempre foi así.

    ResponderEliminar