Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



15/11/12

A beleza das lúas

Non deberían sorprenderse os esforzados munícipes de que, de cando en vez, cheguen  a lugares con máis visibilidade os efectos da consentida concentración de pubs, clubs ou como se queiran denominar, con licenza que envidiaría James Bond. Son simples salpicaduras dun mar que bate nas terras baixas e en pendente do sufrido casco. 

Non é cousa de admirarse que o vandalismo faga o seu traballo con bens públicos e privados aproveitando as altas horas, a nocturnidade, os chupitos mal dixeridos e a imposibilidade metafísica dunha vixiancia a pé -agotadora- polas estreitas rúas nas que se atopan moitos destes lucrativos negocios. 

E mentras non se queira aceptar a evidencia, mentras non se ollen outros exemplos para aprender e escarmentar en cabeza allea, seguiremos así, con robos e danos nos coches, patrimonio deteriorado, suciedade, ruido, desperfectos e outras lindezas de fin de semana polas invisibles terras do casco  e ocasionalmente salpicaduras máis lucidas alá.enriba.

 Solucionarase, vaticinamos, con reunión da Comisión do Almirantazgo da Altas Salas e foto en prensa. Ou con incrementos de paseos en coche. Ou coa enésima reunión con propietarios destes locais para analizar o problema. Con foto. Ou ben cunha nota de prensa a dúas columnas amosando a preocupación pola situación e a necesidade de dialogar cos axentes sociais implicados, a posta en marcha ou mellor aínda, a implementación de medidas ... e demáis frases manidas  que fai o ordenador cun botonciño.

Isto é todo o alcance dos que quedan mirando bocabertos o dedo cando lles sinala onde está a beleza da lúa, coma reza o coñecido proverbio. 

Mentras tanto, ahí teñen as imaxes doutras lúas. Éstas demasiado accesibles aos bárbaros.


N.B. Damos as gracias ao sufrido cidadán que nos ten enviado estas e outras fotografías das que iremos facendo uso para amosar os extremos de gamberrismo asociado á movida nocturna que moitos tudenses teñen que aturar.

8 comentarios:

  1. La culpa no es del concello, como se os ve el plumero politico. Hay que educar a la gente joven. Ellos tienen derecho a disfrutar.

    ResponderEliminar
  2. Pal Pleno y dimisión!!!

    ResponderEliminar
  3. Eu recomendaríalle á xente de Intramuros que lle pedise cita ao Sr. Alclalde para facerlle unha entrevista e a publicasen aquí. Sodes os folloneros tudenses. Gracias.

    ResponderEliminar
  4. Os do PP defenden ata límites grotescos o indefendible: ¿Non será responsabilidade dos gobernantes que non se respete a hora de peche, que circulen vehículos polo casco histórico e que non haxa vixianza nin sancións? ¿A que xogan estes cidadáns que supostamente defenden unha nefasta xestión política municipal que non beneficia a ninguén? ¿será porque vostedes teñen interese en que nada cambie? Non hai "folloneros", hai cidadáns con dereitos que esixen que se lles respete e vostedes o que teñen que facer é pedirlle ó Alcalde que faga cumpli-la Lei, que é para o que debería estar e non está ni n se lle espera.

    ResponderEliminar
  5. Eu pregunto, pero hai lei, ¿quen ten que facer que se cumpla?

    ResponderEliminar
  6. O casco non está tan mal coma se dí por aquí, e remítome as opinións de moitos visitantes. O que pasa é que haiche moito e moita que non ten nada que facer. Os locais dan de comer a xente e non teñen culpa do que fan os gamberros.

    ResponderEliminar
  7. EN REPUESTA AL ÚLTIMO COMENTARIO: NOTA DE PRENSA DEL FARO DE VIGO

    farodevigo.es » Comarcas
    Vecinos del Paseo da Corredoira de Tui denuncian vandalismo
    08:34



    Residentes del Paseo da Corredoira de Tui, centro neurálgico de la ciudad fronteriza, denuncian los actos de vandalismo que vienen sufriendo en los fines de semana, de los que ya han informado al regidor tudense. Se refieren a rotura de luna de una oficina y del cristal de una máquina expendedora, vasos rotos y botellas que hallan en bancos, calle y portales, además de orines en la vía pública y de ruidos de gente que les impiden descansar en las horas de madrugada. Asocian esta situación, que hasta ahora vivían residentes del conjunto histórico, al horario de cierre de una discoteca, sobre las seis de la mañana.
    http://www.farodevigo.es/comarcas/2012/11/14/vecinos-paseo-da-corredoira-tui-denuncian-vandalismo/711604.html

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E onde está a culpa dos locais que se están gañando a vida coma todo fillo de veciño?

      Eliminar