Os cidadáns poden deducir dalgúns deles as prioridades na xestión dos cartos públicos e, ao tempo, cando reciban a consabida resposta "non hai cartos" para determinados fins, recorden en qué preferiron gastalos eses que con cara compunxida e de circunstancias falan de austeridade.
1. O gasto calórico: Sen olvidar os gastos que tiñamos comentado no pasado Nadal, temos que sumar por aquelas datas este novo que agora coñecemos: un almorzo para periodistas (en torno a unha decena de comensais con membros do concello) no Parador por 262,02 euriños. Un mes antes, celebrouse un Día do Bosque Ibérico (1) que consistiu, entre outras actividades, nun petisco de 810,16 €.
2. O gasto de promoción intelixente. Tamén nese mesmo decembro decidiuse gastar 696,32 € en dúas inversións que, ninguén o dubida, deben aportar un considerable incremento nas visitas á cidade: publicidade en dous especiais comarcais do Atlántico Diario(día de Nadal e Fin de ano). Uns cartos moi ben invertidos no periódico cun target idóneo para a promoción da cidade.
3. O gasto en humidade. Chámanos a atención este gasto nun alquiler dun deshumidificador durante 23 días no albergue de Santo Domingo por un montante de 306 €. Debía correr un segundo Miño polas paredes.
4. O gasto festivo. 1239 € nunha festa-baile para maiores no centro social de Sobral. 513€ nun servizo de autobuses Malvas- Coruña para veciños daquela parroquia que se desprazaron para unha visita que tivo lugar pouco antes das eleccións xerais de novembro de 2011.
ANEXO CULTURAL
Ao marxe dos gastos anteriores que se aprobaron no Pleno, non podemos deixar de aludir a outros que fixemos todos nós este verán no concerto Festimiño (coas actuacións de Dover, e uns Djs de altura: o fillo de Ángel Nieto, Fonsi, un entendido no escape libre e Sexation, moi coñecida pola inquietante mirada) e organizado por iniciativa privada con barras onde se venderon néctares variados. Contou cunha xugosa axuda do concello:
- Alquiler sanitarios: 849, 60 €
- Limpeza 666, 64€
- Electricidade e instalación 731,60 €
- Sonido e iluminación ( con fumo e flash, imprescindibles) 7080 €
- Total: Así, por riba, 9100 €
Así, da gusto facer negocios. E mentras tanto, a cidade, sen ideas e obxectivos culturais - qué será iso- esmorece.
_____________
(1) Según o dossier do enlace, os nenos galegos e portugueses plantaron 350 árbores. O petisco, non se esquezan, 810 € (non sabemos se os veciños portugueses pagaron tamén algo). Outro días ofrecerémoslles as fotos do estado en que se atopa esta inversión da eurocidade e o xeito en que se tratan estes fondos.
O precio do aluguer diario do deshumificador é igual á dun Seat Panda.
ResponderEliminarPor ese precio mercase un deshumificador y xa queda pra vindeiros actos e anos.
ResponderEliminar