Este é o regalo navideño co que os cidadáns tudenses temos agasallado á gran familia do persoal do Concello nunha comida que vaciou en 4838,40 € (IVE incluido) a delicada conta corrente que é de todos pero que manexan, lexítimamente pero cunha moralidade sen calificativos, á vista do caso, os nosos representantes e servidores públicos.
Non haberá cartos para os miles de problemas, de necesidades e mesmo traxedias que queiran imaxinar, sen moito esforzo. Pero sí os houbo para que pouco antes do Nadal unhas douscentas persoas foran invitadas para que pagando nós, disfrutaran dun banquetiño navideño.
Referímoslles o menú, pois sempre está ben saber a qué invita un:
VIEIRAS
MERLUZA CON ENSALADA
CORDERO, TERNERA
POSTRE
CAFÉ
VIÑO E REFRESCOS
Que lles teña aproveitado e que nolo agradezan, cousa de bennacidos que dice o refrán, no próximo Pleno.
P.D. Esperamos a reciprocidade nas nosas visitas ao concello e polo menos 5000 tudenses teremos dereito a un café.