Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



23/8/11

Actividade preotoñal

Voltamos a actividade despois dunhas semanas de relaxo, animados polos cambios e novidades que xa se poden ver e polos que se aveciñan. En primeiro lugar, os visibles.

Imaxe cortesía de Xeitos e Feitos
Comenzou a limpeza do Mato Grosso que durante o reinado do ínclito Rocha I cubría a muralla que mira ao Miño, co que se puxeron ao descuberto tanto as posibilidades estéticas desta fachada da cidade coma a presenza de basura variada e a degradación do baluarte denominado Punta do Diablo (cf. foto) que se atopa derruido nunha boa parte e que require unha restauración. Dende logo queda moito por facer e esperamos que non quede todo nunha simple operación de desbrozamento e, con ambición, se complete a limpeza, se restaure o que faga falla e se acometa un axardinamento que realce a beleza do conxunto. Veremos, pois xa se fixo algo similar que non serviu de nada.

Bolardo dos tempos de Rocha I que nunca funcionou
Por outro lado, nun bando imposible de consultar na web do concello, que segue coma nos vellos tempos (quen quera lelo debe acudir a infominho), se nos avanzan o comenzo da peatonalización e control do tráfico no casco vello. Cando sepamos máis detalles os comentaremos, se ben, dende logo, a medida é un paso importante para a mellora da calidade de vida dos veciños e o coidado da zona histórica.





Segue ahí, en cambio, o problema dos locais, as súas licenzas e a movida nocturna. Esperamos que o concello sexa consciente da grave irresponsabilidade que supón mirar a outro lado e se non se decide a facer o que lle compete e é responsabilidade súa, haberá que pensar noutras medidas. O descontento e o cansancio ante esta situación dos veciños é grande.

Finalmente, atópase á nosa disposición o anteproxecto do Pepcha para facer a suxestións que desexemos. A súa consulta deíxanos tal e como estábamos pois realmente aporta poucos datos respecto do que se pretende facer, resultando unha exposición xeral dos puntos de partida, algo que se nos antoxa obvio.

Finais de Agosto, no ano I da Nova Era.

5 comentarios:

  1. cando limparon a muralla, quedaron a vista unha serie de "tesouros" como potas, neveiras portátiles, ferruxes varias, e demais lixo que aposto sen medo a perder a cabeza, foron lanzados no seu momento dende as xanelas dos habitantes de "intramuros" con isto quero dicir, que por moito que nos limpen, si somos porcos, pouco hai que o concello poida facer...

    ResponderEliminar
  2. Que as cousas estén abandoadas e suxas xustifica a moita xente en comportamentos así de reprobáabeis pero quen manda, ese ten entre outras, unha responsabilidade pedagóxica.

    ResponderEliminar
  3. Julio Viñas Martínez24 de agosto de 2011, 10:09

    Interesante los comentarios anteriores, con detalles a meditar del primero. La responsabilidad pedagógica en estos casos no son d educación (que nunca está de más), es un problema de civismo e imcumplimiento de la Ley y normas que la desarrollan, por lo que los responsables tienen la obligación, por defensa de los interesesw del Municipio, sancionar el no cumplimiento de lo ordenado por Ley u Ordenanzas.
    La fotografía deja muy claro propiedades en la parte alta del muro que sustenta a estas que tienen una obligación de sustento y mantenimiento.

    ResponderEliminar
  4. a responsabilidade pedagóxica tiverona os pais no seu momento pero moitos a pasaron polo arco de triunfo. O que digo é que moito criticamos pero igual temos que ollarnos un pouquiño cara adentro, e como dicía naquel anuncio a Carme Maura: "tacita a tacita" porque eu non podo tirar merda e criticar porque non a recollen.

    ResponderEliminar
  5. Julio Viñas Martínez25 de agosto de 2011, 20:47

    Totalmente de acuerdo de mirarnos para adentro y lo de tirar porquería y criticar que no la recojen.
    No es que se deba criticar y quien gobierne ceda y no haga cumplir con lo estipulado por Ley.
    El civismo no es ver solucionado solo MI problema, es ver que todo vaya nejor para todos.

    ResponderEliminar