Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



12/12/10

Mato Grosso

Foron preciso anos e, por que non dicilo, a cercanía dunhas eleccións, para asistir ao espectáculo da limpeza do entorno da muralla no paseo fluvial. Anos nos que se acumulou lixo, vexetación e quen sabe que animais e mutacións, dignas de varios documentais de investigación ou terror: falen cos viciños e poderán escoitar relatos de ratos, ratas e serpes propias dos mais arrepiantes bestiarios medievais. Pasamos por un incendio, fai uns meses, por derrubos de muros, por ver engulida a fermosa Punta do Diablo, si é que se acordan dela, entre os matorrais e silveiras...

E agora chega a limpeza, dicíamos. Veremos. Ata o de agora desbrozouse un pouco, deixouse o lixo no seu sitio e as herbas, silvas  e polas cortadas, pudren amontoadas por varias zonas. A área de traballo non abarca, nin moito menos, todo o lenzo das murallas, faltaría máis, e o esmero na execución é, cando menos, curioso, como pode verse nas imaxes.
Xa non pedimos coidados de xardiñería, para iso temos de ir a Valenca, nin poder gozar dunha muralla limpa - tamén en Valenca-, nin que se aproveiten e limpen os aterrazamentos, nin que se coiden os muretes de pedra de contención, nin que se acondicionen os socalcos, non, xa sabemos que é demasiado. Só gustaríanos que recolleran os restos da corta e poda, e a ser posible, que algún día  non sintamos vergoña  de tanta desgracia e incompetencia xunta nun mesmo lugar.





No hay comentarios:

Publicar un comentario