Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



28/6/11

Facer o que se debe

Temos falado de esperanza ante as declaracións dos novos responsables de que este casco noso resucite e ocupe o lugar que merece. Temos comentado as moitas carencias e deixacións que nestes anos asolaron e deterioraron o que tiña que ser un dos conxuntos históricos máis fermosos de Galicia. E somos conscientes de que algunhas das solucións a tanto desatino requiren tempo e planificación, un prazo razonable que faga cambiar as cousas, como se ten declarado polo novo alcalde. Sen embargo, tamén parece sensato que se poñan en funcionamento medidas moi simples que só require facer as cousas que se deben, as que non encheron, por obvias, discursos e entrevistas.

As noites deste fin de semana viñeron a amosar os graves efectos que se está a sofrir no casco vello a causa do vandalismo. Á rotura de bens patrimoniais, ruidos, suciedade e deterioro da calidade de vida dos seus veciños súmase os numerosos actos de gamberrismo aos que os responsables municipais non poden dar as costas, nen ampararse no seu descoñecemento. Así, dende fai un mes, estase a convertir nunha constante que os coches dos residentes amañezan con desperfectos, raiaduras, abolladuras e, últimamente cas rodas rachadas. Coñecemos máis dunha ducia de casos nos últimos quince días e onte mesmo, cinco coches, na praza da Armada e do Pracer, o sufriron. Non se pode esperar a que isto continúe e só fai falta querer facer as cousas coma se debe. Resulta paradóxico, como pouco, ter que pedir ao concello que cumpla co seu cometido, pero, tristemente é así. Os locais de copas e discotecas - que as hai-  deben cumplir os seus horarios se están capacitados legalmente para desenrolar a actividae que manifestan (valga como exemplo o caso do Tres Tempos ),  a policía municipal debe traballar cando é preciso, que para iso se lle paga, e a súa presencia non debe consistir en dous paseíños co coche ao longo de unha noite máis prolongada do que debera porque, ao fin e o cabo, se lle permite a certos locais que posiblemente nin licenza teñen para a actividade á que se adican pechar cando lles pete. Xa basta de mirar a outro lado cando as rúas do casco se atopan o fin de semana ateigadas de vehículos que non poden estar estacionados onde están. A policía municipal ten que baixar do coche, apagar a música e por as multas que faga falta, aínda que sexan amigos, coñecidos ou admiradores incondicionais; ten que camiñar polas rúas e facer que se respeten os horarios.  O concello debería revisar esas licencias porque en boa medida, todo este desbaraxuste que afecta a tanta xente, ao patrimonio, á imaxe dunha cidade, á convivencia,  a necesidade de revalorizar o casco, non pode xustificarse co beneficio de dous, nin de vinte nin dos que sexan, saltándose a legalidade co consentimento do primeiro que ten que dar exemplo.
A cousa é moi simple para todos: traballar e esixilo quen ten e asumiu esa responsabilidade. E para iso non fai falta máis tempo que o de por en claro unha soa cousa: o primeiro de todo, respetar a lei e facer que se cumpla. Primeira lección da democracia e de quenes cremos sinceramente en ela.



3 comentarios:

  1. Qué lle parece ós veciños e a intramuros que se fixese peatonal o casco antigo?
    É dicir, os vehículos que circulasen polas rúas serían só os autorizados (como ata agora se se cumprisen as normas)e ningún vehículo aparcado nas rúas nin nas prazas.
    Digo isto porque dende fora parece o ideal, e segundo interpreto, é o que fará o concello.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  2. Antón, a mín paréceme estupendo e o que é razoable e se practica noutros conxuntos históricos. Iso sí, para esa medida haberá que agardar aos aparcamentos disuasorios que todavía non existen.

    ResponderEliminar
  3. Antón, iso sería o lóxico dende fai xa moito tempo! Coma dí Suso, hai que planificalo, xa que non se fixo nada ata o de agora, e levará o seu tempo. Por iso facemos fincapé en que, entretanto, non podemos estar de brazos cruzados e débense tamén ir tomando outras medidas complementarias que melloren a situación lamentable do casco pois o vandalismo ao que nos referimos pouco ten que ver, desgraciadamente, coa peatonalización senón cunha atávica permisividade que xa vai sendo tempo de atallar.

    ResponderEliminar