"Que en aplicación la Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local a protección da salubridade pública e a prevención de incendios é unha competencia municipal.
Temos comprobado que no noso municipio existen un numeroso grupo de solares, parcelas, fincas e terreos nos que non se efectúa una limpeza periódica acumulándose maleza que amais de afectar ao ornato público –especialmente no noso conxunto histórico- é susceptible de prender lume e resulta tamén un foco de insectos e roedores provocando, en consecuencia, unha grave ameaza para a saúde e a seguridade das persoas. Salienta especialmente o risco de incendio nestas datas de inicio do verán.
Cómpre lembrar, segundo o establecido na Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia e a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que os propietarios de terreos e solares teñen a obriga de mantelos en condicións de seguridade, salubridade e ornato público realizando os traballos e obras precisos para conservalos nestas condicións.
Para garantir a seguridade fronte a posibles incendios todas as parcelas ubicadas en zonas limítrofes con núcleos de poboación, edificacións, solares, instalacións de carácter industrial, etc, deben dispor dunha faixa de seguridade libre de residuos e maleza, cuxa distancia recollen as devanditas normas legais. Finalmente sinalar que os restos da limpeza deben ser retirados do solar ou finca e trasladados a un vertedoiro controlado.
En caso de incumprimento do anteriormente preceptuado, o Concello de Tui procederá, segundo o establecido na lexislación vixente, a executar subsidiariamente as actuacións oportunas, debendo asumir os custes o propietario.
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento."
Tui, 28 de xuño de 2011
Destacamos en cursiva este aspecto del bando, que hace referencia al tratamiento de los residuos para recordar a la empresa de jardinería, si es que así puede denominarse, y al propio concello que la ha contratado, que en sus trabajos en el Paseo Fluvial, como muchas veces hemos comentado, no se aplica esta más que lógica medida. Absurdo y lamentable sería que el mismo concello no se cuidase de que en actividades de las que es responsable, no respetase sus propios bandos.
Imagen del 12-4-2011, pues no teníamos a mano fotografías actuales que otro día facilitaremos. Desgraciadamente sobran ejemplos. Basta un paseo. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario