Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



13/6/11

Facer o que nos pete II

Aproveitando o tema do anterior post, queríamos invitar á reflexión a quen lle corresponda, dado o comenzo desta Nova Era, no que respecta á situación, horarios de peche e licenzas dos locais de copas ou pubs da zona vella, unha responsabilidade que non debera deixarse de lado.

Ven isto a conto porque na última sesión de goberno aprobouse un cambio de licenza para a Cafetería - sí, como o leen, unha cafetería - Tres Tempos, que pasa a ser agora Bar con música, que antes a cousa érache demasiado silenciosa con xente lendo o xornal e croissant ó carón . Estes son os horarios que se deben cumplir (corríxasenos se existe unha normativa posterior que non atopamos),cando era cafetería 2:30, agora 5:00 de café-concierto . Sobran comentarios e conclusións sobre quen non fixo o seu traballo e que agora, vista a xogada, quen debe vixiar pola verdadeira adecuación entre actividade e licenza (véase abaixo addenda), unha vez gañada e outorgada a extensión de horario pola corporación saínte á que non llo agradeceremos o suficiente.

Seguiremos informando das diferentes licenzas das posibles confiterías -quen sabe- que pechan as 5 da mañán a ritmo de cumbia e cubata oscilante.



ADDENDA:
 O Decreto 160/2005, do 2 de xuño, polo que se modifica o Decreto 292/2004, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 116, do 17 de xuño), dentro da epígrafe 2.6. “Actividades de ocio e entretemento”, define, nos números 2 e 4, respectivamente, aos pubs e aos café-teatro, café-concerto e café-cantante, nos seguintes termos:
  • 2.6.4. Pubs: “establecementos públicos fixos e independentes dedicados exclusivamente ao servizo de bebidas. Poden dispoñer de ambientación musical por medios técnicos, pero sen pista de baile”.
  • 2.6.9. Café-teatro, café-concerto e café-cantante: “establecementos nos que se desenvolven actividades de ocio consistentes en actuacións teatrais, de variedades ou musicais en directo, sen pista de baile para o público, podendo ou non dispor de escenario e camerinos e nos cales se ofrece servizo de bebidas ou restauración. Está prohibido que nestes locais se celebren bailes”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario