Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



31/8/14

De lobos e homes

"Cando un home ten dudas se o acto que vai  realizar é xusto ou inxusto, e ten a posibilidade de informarse de antemán se quere, estará actuando ilegalmente se non o fai." T. Hobbes



Cando un responsable político por vontade de todos, non exerce as funcións de vixiancia e control de cumprimento das normas, e non as segue él mesmo escrupulosamente, deixa a un lado o primeiro deber que lle confiou a cidadanía no que a moral e a política amosan ser vellas amigas.

Deixa nas máns dos cidadáns a delación, a acusación, a vixiancia, convirtíndoos en potenciais enemigos ou ben, por omisión ou voluntariamente, en cómplices ou beneficiarios doutros, arrastrados polas poderosas correntes dos intereses persoais ou das súas necesidades. A verdade vóltase pranta de interior porque, dende ese momento, para a rúa e os balcóns é precisa a máscara da hipocresía, onde rumor e o chascarrillo menudean contaminándose e crecendo ata a infamia. Engrósase a rede de favores e odios, agravios e recompensas que empurran a un modo de vida e de entender a comunidade que ao mesmo Hobbes sorprendería. Cando sobre esa xauría chovese algo semellante a democracia, non podería elexir máis que a inercia do seu destino, acostumada a vivir no medio das emocións máis abxectas: a invidia, o rencor, a desconfianza, o medo ao outro e a inagotable bastardía da arrogancia.

Se non é vontade nosa este embrutecemento é preciso elexir  outro xeito de organizar unha convivencia que non pode ser só de fieras supervivintes, crueles entre elas e sumisas ante a forza da inxustiza, ante o poder sen lei.

1 comentario:

  1. Primeiro, gústanme muito mais os escritos da casa. Menos retóricos. Mágoa que, iso semella, se abandoara esa liña. Segundo, ningún responsable político é por vontade de todos. A mayoría dos políticos proceden, gobernan segundo o seu primeiro obxetivo: ser reelexido. E boa parte dos que os votan gustan de dese tipo de proceder baseado no favor persoal, alleo a toda legalidae e transparencia. ¿E cómo pódese elexir outro xeito de organizar a convivencia si a maoiría está composta por "fieras supervivintes"?

    ResponderEliminar