Ofrecémoslles unha interesante colaboración sociolóxica que nos remiten:
A inexportable doctrina política do tivaifacendo constitúe unha forma de supervivencia ante a chegada das novas formas de pensamento e vida social ante as que se amosa refractaria.
No seu senso máis amplo, diríase que antropolóxico se non quedase demasiado pretencioso, o tivaifacendismo ten como caldo de cultivo os mundos e tempos fronteirizos nos que penetran novos coñecimentos e formas de organización máis complexos superpoñéndose belicosamente sobre os vellos. A astuta resposta dos tivaifacendistas é unha camaleónica adaptación que podería enganar ao estudioso máis avezado. As formas externas asumen o novo estilo e con isto permítese a supervivencia subterránea do ancestral. En ocasións, claro, o resultado pode resultar grotesco e tosco, noutras, en cambio, o producto final resulta dunha grande elaboración e fineza. O tivafaicendismo lato sensu revélase así nunha innumerable gama de matices que vai dende a creación de apps para móbiles para a consulta de meigallos, ata sutís cambios de léxico: “mal de ollo” por “enerxía negativa”,pasando por máis simpáticos comportamentos coma o de falar a gritos polo iphone, a conversión dun bidé en xardiñeira ou empregar os baixos da casa para os novos animais metálicos que tragan combustible.
Pero deixando estas menudencias nos importa afondar no home tivaifacendista e no seu sentido máis xenuino estrictamente político. Naceu, coma pode suporse, nese mundo no que asomaban as ourellas do cambio social que paulatinamente foise instalando. Pero o seu cimento ineludible é ancestral. Sufriu tempos nos que se solaparon sobre as estructuras sociais baseadas na máis estricta relación personal cas súas sanguíneas alianzas e os seus inextinguibles odios, as novas formas apoiadas na lexanía e nun elemento discordante sen ollos nen sorriso: a lei acompañada da súa abstracta familia numerosa: igualdade, dereitos, democracia…
A cercanía e predominio do contacto físico, linguaxe corporal, palabras sen mensaxe pero empáticas foron súbitamente amenazadas pola lexanía, a abstracción da igualdade, o imperio da lei, a fixación rigurosa dos significados. Aquí acercámonos ao xermo da doctrina, ao parto do tivaifacendo. O tivaifacendista, pois, supera o conflicto adoptando ropaxes da nova corrente pero conservando o seu pasado máis tranquilizador.
Esta solución adoptada polos tivaifacendistas, sen pretender alongarnos, encerra algunhas das súas características psicolóxicas máis marcadas. Os seguidores desta doctrina, acostumados a unha relación co poder baseada na obediencia ao máis forte, á sumisión, á obtención do máis minúsculo beneficio cun asombroso desenrolo das técnicas de adulación, son homes tendentes ao disimulo, a unha acusada inclinación pola intriga e o rumor palaciego, extremadamente aptos para a espionaxe, destros xogadores de dominó, hábiles na negociación sutil dos seus intereses ou do seu círculo de contacto. O tivaifacendo precisamente, nuclearmente, reside nesa pulsión pola cercanía cos que teñen un mundo común que necesita para sobrevivir a apariencia e coartada do mundo dominante que lentamente conquista a súa vida. Os seus partidarios teñen un gran olfato para detectar onde se atopa o poder, sexa da clase que sexa, ante ao que axionllarse co dulce sorriso da sumisión á espera da súa parte.
O tivaifacendista no poder, á súa sombra, atópase, como pode deducirse polo que antecede, no seu hábitat natural onde pode desenrolar todas as súas aptitudes e sobrevivir. Sen embargo, a pesar de estar irremisiblemente condenado a súa desaparición, amosa unha capacidade de loita e adaptación que o fai un enemigo duro de roer nas sociedades que o sufren. Nelas introducen constantemente elementos de confrontación froito da súa incapacidade para asumir as novas coordenadas de vida e poder e que trasladan con facilidade á aqueles que comparten a súa ancestral mirada á comunidade.
Deixaremos para un próximo capítulo, pedindo perdón por abusar da paciencia do lector que teña chegado ata aquí, unha cuestión crucial a este respecto: a detección dos tivaifacendistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario