Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



22/5/13

PEPCHA

Compartimos aquí o enlace que nos proporciona xenerosamente o grupo local do PSOE para suplir de este xeito a falta de transparencia do concello na información sobre o PEPCHA. É unha mágoa que a web municipal, ademáis de servir de soporte as notas de prensa e demáis autoeloxios con fotografía de sorriso permanente, non faga gala do que nas democracias maduras é simplemente normalidade.

Agora podemos entre todos estudar e comentar o documento e os problemas atopados  nun exercicio de participación e implicación cidadá que debería dar que pensar a quenes teñen a responsabilidade de gobernar en democracia. De pensar e actuar democráticamente.

_________

Engadimos este enlace a un artigo sen desperdicio publicado no Atlántico Diario que tomamos do Facebook de TRP para que non  se perda entre a abundante información dos nosos amigos de penas e fatigas. Remata, fáganse unha idea, con estas palabras:

Como de mi no depende otra cosa que el lamento y la denuncia infructuosa, la histórica Tui esperará unos cuantos años más a que su galopante ruina se vaya adueñando cada vez mas del casco histórico, a mayor gloria de una clase política absolutamente mediocre, cretina y a quien el ciudadano le importa un rábano. 

2 comentarios:

  1. Os membros da oposicion tiñan q solicitar por escrito pra ver o documento. E sen copia. Democracia cen por cen.

    ResponderEliminar
  2. Suscribo el artículo de Font Rosell. Pero cabe decir, también, que una buena parte de la ciudadanía, no sé si mediocre, cretina, desinformada, rutinaria, perezosamente conservadora, fanática o bastante de todo ello, le importa un rábano que los componentes de las candidaturas del PP sean invariablemente mediocres y cretinos. Parece que se atienen a ese conjuro, tan gallego como irracional, MALO SERÁ.

    ResponderEliminar