Un banco clásico reutilizado na zona de Magnolia |
A iso viñan as palabras do noso Alcalde que na sección de novas da súa web afirmaba naqueles tempos que se reutilizarían para lugares "céntricos" da cidade.
Pois ben, pasado un tempo atopámonos con que se instalou un na Praza do Pracer, o desaparecido en acto de servicio da Estrela nunca maís voltou, e, isto é a novidade, púxose un na céntrica parada de Autobús enfrente do Magnolia que precisaba dun aire clásico.
Unha arriscada aposta estética que nos fai tremar cando na zona vella, animados polos contrastes de estilo, nos poñan unha marquesina na Praza de Armada, na que por certo, xa que por agora non ten coches, non virían mal eses banquiños con árboriñas enmacetadas -se non queda outro remedio. Da áncora non falamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario