Agora, despois da noite do sábado e imaxinando a de hoxe, entendemos a preocupación do concellal de Tráfico, Medio Ambiente e outros, D. Ángel Gutiérrez, polo insólito comportamento dos cans tudenses que os fai merecedores, sen dúbida, do bozal a perpetuidade. Xa se comprende, pois, que a polémica ordenanza teña a prioridade que se lle concedeu ante outras opcións e problemas da súa competencia en espera de solución . Hai que recoñecer a súa clarividencia.
Os cans tudenses, esa raza tan especial, fan botellón donde queren, non recollen os restos (vexan as imaxes de hoxe pola mañán), oubean polas rúas e consumen alcohol ata a hora que lles peta. E non pode ser. É máis, estamos entre os da opinión de que a lexislación debe ser endurecida. Necesitamos unha ordenanza polo botellón canino, de horario de peche dos locais, de licencias coma o deus dos cans manda, limpeza nas rúas, contra o vandalismo. Hoxe mesmo, sabemos dun neno que saíra a pasear co seu pai (iba con correa, non vaian a pensar) e mancouse alá nas terras do Penedo cos vidros dunha botella de ron que aínda agora brilarán a luz da lúa, esa lúa á que durante a noite dominical oubearán os cans máis incontrolados da comarca. Por si fora pouco,un grupo deles arremeteron con nocturnidade contra o ciclomotor dun veciño do lugar e provocáronlle numerosos desperfectos. Cómo non vai ser obligatorio o bozo? Son moitos e moi graves os problemas causados por estes animais dignos dunha nova e terrorífica versión dos Paxaros de Hitchcock .
O concellal estaba no certo. O can é a prioridade e basta con pulir un pouco a ordenanza.
Só nos queda pedirlle, agora xa non dudamos da súa perspicacia, que se dé un paseíño polo casco, polo paseo fluvial despoís destes aquelarres caninos. Ou camiñe peripatéticamente polas rúas ás horas de oubeo lunático e pelexas contra o mobiliario, moi pouco apto, hai que recoñecelo, para os esixentes cuadrúpedos. Atopará boas ideas para mellorar o traballo feito. Sentirase orgulloso e confirmará que vamos polo bó camiño.
Felicidades.
N.B.Unhas mostras da ferocidade e proba, por si tiñan dúbidas, do problema tudense: o can.
Aquí advírtese o gusto polos tobogáns, o que nos fai sospeitar que os nosos cans teñen unha predisposición natural ás probas de agility.
Esconden entre os bancos as botellas de xinebra en espera da noite. Damos fe de que leva todo o día ahí, proba máis da intelixencia destes simpáticos e astutos animais:
O Concelleiro de tráfico e seguridade ándache namorado e agora non ten tempo para ninguén, tan so para aqueles ollos que embelesados o admiran o adoran e lle insinúan o ben que o fai. Está tan pechado e tan ensimismado que o unico que fará será ve la película grega Canino na que dalgún xeito se recupera o "mito da caverna" platónico, pois o amor ideal para uns amantes é o amor platónico e nesas andamos. As cousas do mundo sensible non existen e por iso nos ten esquencidos
ResponderEliminar