Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



12/4/12

Limpeza ou coche oficial, esa é a cuestión


 
Nestes días prevacacionais estivemos desfrutando na nosa benquerida cidade do rego e baldeo anual das súas rúas.

 Baldeo, sí, ese ancestral procedemento de limpeza tan eficaz e sostible, cas súas belezas como se ve na imaxe da esquerda: a mangueira xa non soporta a presión e provoca un fermoso chafarís que engalana a rúa.

Ocúrrensenos outras alternativas, vistas e comprobada a súa fiabilidade noutros Conxuntos Históricos da nosa xeografía próxima e lonxana nos que hai preocupación pola limpeza máis alá das palabras, fotos e reunións.

E como nos vindeiros orzamentos municipais contémplase uns cartos para un vehículo, quizais esta previsión de gasto puidera modificarse, e en vez do seu uso de cómodo transporte para munícipes e adláteres puideran viralo en vehículo de limpeza viaria, con as súas vasoiras e elementos hídricos para un eficaz resultado en calquera recuncho das nosas rúas (lembramos que xa houbo en tempos do monarca anterior unha máquina varredoira que cumpriu os seus servizos á cidadanía pero que se licenciou sen moitas honras nin vítores). 

Agardamos, pois, que as nosas súplicas teñan acollida, e mesmo nos parecería ben que, de cando en vez, fose utilizado tamén para eses desprazamentos para os que fai falla un vehículo non identificado no que nos gastaremos, si se cumple a profecía dos orzamentos, uns tres millonciños de pesetas. Das de antes. Elixan modelo:

4 comentarios:

  1. Tudense con Coñecemento de Causa12 de abril de 2012, 22:45

    Moi boa observación. A falta de ideas -por non chamarlle doutro modo- haberá que indicarlles o camiño, darlles ideas, aconsellalos e guialos, tanto no caso concreto da limpeza de rúas coma en todo o demáis no que se supón teñen competencias, ... non por facerlles un favor a eles senón a nós mesmos. Polo tanto BÚSCANSE IDEAS, EXEMPLOS E CONSELLOS para xestionar unha pequena cidade (a poder ser contadas de tal maneira que os munícipes poidan ler e entender)

    ResponderEliminar
  2. Eu, no seu momento protestei enerxicamente polo uso da barredora,pola molestia dos ruídos que facía, pola contaminación acústica que nas rúas da cidade vella era importante. Tal vez esta protesta e doutros veciños da zona propiciou a desaparición do aparello.
    Por outra parte, sempre se limparon as rúas de Tui usando auga antes das festas, pero coa seca, que parece xa ter remitido algo, tal vez non fora a mellor decisión este ano.
    A cousa é que hai tantas verdades como puntos de vista diferentes: a uns gustarianos dunha maneira e a outros doutra. Eu non penso que sexa falla de ideas senon que postos a protestar protestamos por todo e que os nosos gobernantes (e non falo dun partido político concreto) dan bandazos tentando manter a todos contentos sen unha liña de traballo baseada na reflexión. Non se nos pode ter a todos contentos.

    ResponderEliminar
  3. Tudense con Coñecemento de Causa14 de abril de 2012, 23:45

    Discrepo absolutamente con eses comentarios: Primeiro: as máquinas barredoiras non fan máis rúido que calquera outro vehículo a motor, habería que cuestionarse que aparato e en que condición estaba aquel que empregaban entonces. En todo caso, eso non excusa que as rúas non estén limpas e presentables, aínda máis tratándose de un casco histórico que debería ser activamente promocionado turísticamente (e non como nos quere facer ver a demagoxia oficial). Se temos en conta o cristo que quedan feitas as rúas tódolos fins de semana, digo eu que haberá que limpalas tódalas semanas e non unha vez ó ano para ensinarllas as personalidades que nos visitan en data sinalada (iso facíao Rasputín cada vez que a zarina Alexandra quería ver de cerca a realidade na que vivían os súbditos), e se hai que limpalas semanalmente será mellor mecanizar o proceso ¿ou non?. Segundo: Certamente, a verdade non existe, e isto dino os físicos cando falan científicamente da subxetividade humana -a virtualidade da conciencia, a incapacidade dos sentidos humanos de percibir outros espectros de frecuencia e ver as restantes dimensión do universo ...- , aquí falamos da contradicción humana interesada e non da simple cuestión de gustos (para eso está a gastronomía). A verdad verdadeira, reaccionario Anónimo, é que TUI É UNHA CIDADE MENGUANTE, que leva anos sen rumbo, cidade famosa polos políticos corruptos e os seus desmáns urbanísticos e non precisamente polo seu valioso casco histórico. Entón ... ¿non é por falla de ideas? ... será acaso ¿porque están moi ocupados tentando contentarnos a todos?. A ver si nos centramos!!! ¿Non será que estes señores están ahí por atender intereses propios e para contentarse a si mesmos?, ¿Non será que son xente limitada sen ideas e capacidade de traballo, e non ven o potencial do casco histórico, cando noutros concellos próximos hai tempo que xa puxeron en valor ó seu patrimonio aproveitando a súa financiación coas subvencións disponibles? Verdadeiramente, Sr. Anónimo, non ten vostede aínda coñecemento de causa.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sinceramente este e o mellor anonimo do ultimo ano. Sinceramente douche as gracias de corazon porque sei polo que escribes.
      Gracias e forza, esta situacion vai para largo.
      Confio que co avanze das redes sociais a cidadania sea realmente mais activa e se organize. por ex. sospeitamos que hay corrupcion, pois asesoramonos e acto seguido difamamos a tal persoa e asi a tal persoa ten que defenderse e nos aproveitamos as tasas de xuizo para demostrar a non difamacion.
      Que vemos que hai corrupcion, pois demandamos informacion, e si dende o concello non estan pola labor, pois sentada veciñal diante do mesmo ( previo aviso polas redes)

      Isto de gobernar e algo moi serio, se non estan preparados que non se presenten.

      Finalmente gracias polo anonimo, fan falta mais asi, directos, educados, claros, sin interesen persoais.

      Eliminar