Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



4/8/11

Calidade de vida

Este domingo  coa inestimable colaboración-aprobación do concello celébrase, apoteose de sensibilidade, na Praza de S. Fernando un festival de música techno coa participación dalgúns DJs deses mesmos locais que, sen licenzas apropiadas, contribúen semana tras semana, ano tras ano, á degradación do casco e da calidade de vida dos veciños.
 Será unha noite máis na que aturaremos o que non tiñamos que aturar, en que o patrimonio correrá os riscos sabidos. Para qué extendernos.

Todo sexa por apoiar un modelo de negocio e de cidade que a todos, excepto aos catro empresarios, empobrece. Non importa. O concello nesta cada vez menos esperanzadora Nova Era prometida, seguindo a inercia do seu negro pasado, consente e apoia actividades e actitudes que representan a negación do que moitos entendemos por un casco histórico digno, a pesar das bensoantes declaracións como as que reproducimos na columna da dereita para que non caian no olvido, a pesar de tantas palabras adobadas con sonrisas.
Xa vemos os feitos, que é o que conta,  xa entendemos qué urbanismo, qué calidade de vida se propugna cando con palmadiñas na espalda se anima a que a movida coñeza estes pubs con licenza de ferretería tan marchosos e modernos que fan do noso Tui un referente na rehabilitación dos cascos históricos nas facultades de Arquitectura de medio mundo.
Terá fuxido a vergoña do mundo?

8 comentarios:

  1. O principal culpable neste caso e o Concello, pero si o Cabildo catedralicio non consentise este acto no recinto da sua propiedade tampoco se levaria a cabo.
    Este acto tamen se fai,seguramente,sin a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio y sin ningún control sanitario, ya que se está obrigado a instalación de sanitarios neste tipo de concentracions,pra que a xente que asite a eles poda evacuar o líquido que beben.

    ResponderEliminar
  2. Se queren ver o que un desastre de ciudade pasen po la plaza de San fernando y ruas colindantes despois de este acontecemento y verán múltiples depósitos de mexadas, excrementos e vomitonas que os peregrins que fan o Camiño de Santiago atopan esa mañan.

    ResponderEliminar
  3. SI OS VECIÑOS, REPITO "VECIÑOS", QUE GOBERNAN, CONSINTEN. QUE NOS QUEDA??? AGUANTAR???

    ResponderEliminar
  4. felicidades al equipo de gobierno.
    son tan listos que no captaran la ironia

    ResponderEliminar
  5. Para o grupo de goberno o eixo sobre o que xira todo e un lema "Ora et labora".

    ResponderEliminar
  6. partiendo de la base.de que cuando capon.estaba de alcalde..la situacion era peor...
    lo que si se podria hacer es poner equipos llamados "mosquitos" que emiten un sonido que solo los adolescentes hasta 25 años pueden escuchar.
    asi las calles del casco viejo quedarian libres de mierda.

    ResponderEliminar
  7. Estos días está abierto un enlace desde la página web de concello de Tui para enviar sugerencias en cuanto a la próxima aprobación del Plan especial de protección de casco histórico, que era conveniente que todos los perjudicados residentes del casco viejo hiciesen llegar sus comentarios para evitar que se siga deteriorando con la contaminación tanto acústica como medioambiental.

    ResponderEliminar
  8. En el comentario anterior se me olvidó comentar que estas sugerencias van a la consellería de medio ambiente de la xunta desde el citado enlace.

    ResponderEliminar