Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



1/2/11

Páxina web para informar aos cidadáns

Fai uns días comentábamos as moitas deficiencias da páxina web do concello, non só respecto das informacións turísticas e xerais senón tamén, algo máis grave, en relación coa información que se lle ofrece oas cidadáns. A comparación con outros concellos viña a reforzar se cabe aínda máis a nosa queixa. A opacidade informativa sobre plenos, comisións, plans urbanísticos, proxectos, etc. non casa coa pretensión de que os cidadáns participen na vida política e den pulo á democracia no seu senso máis amplo e vivo, máis alá do ritualismo das votacións. A saúde democrática ten unha relación directa coa transparencia na xestión dos servidores públicos.
Por iso é para nós unha boa nova que Acción/Alternativa Tudense teña presentado estas peticións ó Concello ( escrito 1 e 2). Un pasiño máis, se é escoitado, neste exercicio difícil, polo que se ve, da información e a transparencia na xestión da cousa pública en democracia.

Engadimos algúns enlaces, neste caso á web de Viveiro, para exemplificar as diferentes maneiras de facer as cousas:


Na web do noso Concello:


No hay comentarios:

Publicar un comentario