Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



26/1/11

Allariz, cando hai ideas...

En máis dunha ocasión temos falado aquí do abandono dos coidados que requiren os parques, xardíns e do paseo fluvial, un patrimonio do que debería facer gala a nosa cidade, dada a súa privilexiada situación. Temos feito comparacións coa atención e mimo que os nosos veciños portugueses adican ós seus espazos verdes, ca esperanza de sementar un pouco de vergoña e afán de superación nos responsables de tanto desatino. Os resultados simplemente non se ven en ningunha parte e tampouco apuntan cambios no horizonte...
Unha mágoa cando un ve o que se fai noutros concellos dos que hai que aprender, sen prexuízos, o que poida ser imitado por estas terras.



Recomendamos que, xa postos, botedes unha ollada á páxina web do concello de Allariz, á información turística dispoñible ou a urbanística e, para dormir tranquilos, non visitedes a nosa ( na que destaca a información na pestana adicada aos plenos) nen a comparedes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario