Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



13/12/10

Carteis sen retirar

E o asunto dos carteis serve coma todo un símbolo desta deizadez e abandono. Por favor, non deixen de consultar os enlaces (vexan as datas):




E a novidade, en Decembro: agora sí que poden disfrutarse en toda a súa plenitude, aínda que na limpeza parece que as escaleiras -esa ferramenta imprecindible na xardiñería- non permitiron chegar moi arriba e a vexetación amenaza cunha invasión primaveral...
Costará tanto retiralos?. Costará tanto limpar como se debe, coma si fose no xardín de quen teña responsabilidade nisto?




1 comentario:

  1. O asunto das vallas é moi grave e ademais ben de antigo.

    O Regulamento de Información e Publicidade aprobado pola Comisión Europea establece que as vallas informativas deberán retirarse, a mási tardar, 6 meses despois do final das obras.

    Ao principio desta lexislatura fixose unha pregunta no Pleno ao Alcalde sobre este tema. en concreto sobre unha valla situada na fonte da Rúa Antero Rubín que levaba alí dende o último goberno de Felipe González.

    A resposta foi simpática. Como non sabían o tempo que debia permanecer a valla unha vez rematada a obra non a retiraban para evitar sancións.

    Despois de que os concelleiros do BNG "ilustraran" ao alcalde coa normativa antes sinalada, este comprometeuse a retirala (un ano despois ainda seguía alí).

    ResponderEliminar