Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



21/10/10

Obras no Paseo

Últimamente estanse a levar a cabo diferentes intervencións no Paseo, que xa levaba anos no olvido. Ademáis da instalación dos polémicos pivotes-asentos de hormigón para impedir o acceso de vehículos ó descampado, que espera, entre outras cousas o seu céspede, arranxáronse uns escalóns dos que xa tiñamos falado. Nada como as eleccións, está visto. Pero agradécese.




Xa postos a traballar na zona a verdade é que ben se podían retirar os carteis dos que xa tamén falamos fai uns meses e que levan anos no mesmo sitio: pódese observar o crecemento da vexetación, que non respeta nin a ese mexadeiro de cans tan curioso, ahí escondido entre o abandono.


Así estaban as cousas en Agosto:


E así vai agora:


Nesa visión binocular poden, polo menos, verse os euros investidos fai anos:



E aquí, a deglución das plantas é case completa:


O utilísimo mexadoiro, outro gran investimento, si o atopan é que chegará ben tarde a presbicia, noraboa:


Por outra parte, segue o misterio frente o adefesio que se está construindo nas beiras do río na zona do Penedo hacia a subestación de aguas residuais. Aínda non temos as fotos pero chegarán, a ver si entre todos podemos adiviñar qué se pretende facer - non hai ningunha señalización informativa e os obreiros parecen da secreta-, se Costas anda nisto ou o concello ou a NASA, deus o sabe. En principio, a ubicación  é máis que discutible, pero xa se sabe que a estética non é o punto forte das obras no municipio...

2 comentarios:

  1. En lo que se refiere a la instalación cercana a la subestación del penedo, creo, por lo que he podido enterarme que se trata de una instalación de hidrografía para control de los niveles del rio, un saludo

    ResponderEliminar
  2. Pois non hai kms de orilla para polo que ahí queda monísimo. Incompetencia á que xa estamos acostumados.

    ResponderEliminar