Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



13/12/10

Mato Grosso (y ii)

Nesa selva de indudable valor paixasístico que dende anos oculta as murallas na zona do paseo fluvial, dende fai unhas semanas pódese advertir o derrumbamento de parte dos muros de contención das terrazas que descenden dende o alto. As chuvas pasadas deixaron unha vez máis a súa pegada e firma sobre o abandono a que se ten sometido o lugar. De nada serve o exemplo, tantas veces citado, da cidade veciña, onde reina outra sensibilidade. Aquí seguimos ano tras ano, coma enredados no lixo e as silveiras, agardando a que alguén  saque partido dunha fermosísima zona da cidade que polo de agora, fúndese no olvido.






Por suposto, as actuais labores de "limpeza", non chegan ata aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario