Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



17/1/12

Os bós e xenerosos

 Imos ser breves na exposición.

Este é o regalo navideño co que os cidadáns tudenses temos agasallado á gran familia do persoal do Concello nunha comida que vaciou en 4838,40 € (IVE incluido) a delicada conta corrente que é de todos pero que manexan, lexítimamente pero cunha moralidade sen calificativos, á vista do caso, os nosos representantes e servidores públicos.

 Non haberá cartos  para os miles de problemas, de necesidades e mesmo traxedias que  queiran imaxinar, sen moito esforzo. Pero sí os houbo para que pouco antes do Nadal unhas douscentas persoas foran invitadas para que pagando nós, disfrutaran dun banquetiño navideño.

Referímoslles o menú, pois sempre está ben saber a qué invita un:


VIEIRAS
MERLUZA CON ENSALADA
CORDERO, TERNERA
POSTRE
CAFÉ
VIÑO E REFRESCOS


Que lles teña aproveitado e que nolo agradezan, cousa de bennacidos que dice o refrán, no próximo Pleno.

P.D. Esperamos a reciprocidade nas nosas visitas ao concello e polo menos 5000 tudenses teremos dereito a un café.









22/12/11

Felicidades

Cos mellores desexos de felicidade para todos, unha imaxe e un poema:


POEMA DE NATAL

Para isso fomos feitos:
Para lembrar e ser lembrados
Para chorar e fazer chorar
Para enterrar os nossos mortos —
Por isso temos braços longos para os adeuses
Mãos para colher o que foi dado
Dedos para cavar a terra.
Assim será nossa vida:
Uma tarde sempre a esquecer
Uma estrela a se apagar na treva
Um caminho entre dois túmulos —
Por isso precisamos velar
Falar baixo, pisar leve, ver
A noite dormir em silêncio.
Não há muito o que dizer:
Uma canção sobre um berço
Um verso, talvez de amor
Uma prece por quem se vai —
Mas que essa hora não esqueça
E por ela os nossos corações
Se deixem, graves e simples.
Pois para isso fomos feitos:
Para a esperança no milagre
Para a participação da poesia
Para ver a face da morte —
De repente nunca mais esperaremos…
Hoje a noite é jovem; da morte, apenas
Nascemos, imensamente.

Vinicius de Moraes


13/12/11

Pleno

Co fin de ter en conta, para o próximo pleno, o punto de partida para un debate máis informado do punto 1 da orde do día, referido á " concesión de licenzas urbanísticas no Concello de Tui, segundo refiren as actas da Xunta de Goberno Local dos días 6 e 20 de Outubro 2011", aquí temos os fragmentos das actas nas que a Secretaria fai as seguintes observacións:


(clic nas imaxes para agrandar)




A continuación enuméranse nove licencias, ben de obra menor, ben de primeira ocupación, das que non aportamos imaxe en salvagarda dos datos persoais que constan. E, a seguir, faise unha relación de advertencias ao respecto ( o subrayado e negrita son do orixinal):







28/11/11

Empezamos una nueva era

Pues sí, teníamos razón en este post de junio pasado, en el que anunciábamos el comienzo de una nueva era. La era del café-concierto-disco-party-on the rocks. Un nuevo concepto de ocio y legislación para las noches del fin de semana tudense en el que las sorpresas no se harán esperar. No dejen de admirar el ambiente tranquilo de los más famosos DJs que darán una vuelta de tuerca a la trasnochada etiqueta de café-cantante a lo Celia Gámez entre las mesas. La nueva era que revolucionará las sosas y aburridas calles tudenses, reformará la legislación nacional y, déjennos tiempo, un poco de la europea.
Es el comienzo, anímense, que ya está en marcha, permítasenos el juego de palabras, un gran proyecto de futuro para la ciudad histórica. Hasta podremos ahorrarnos el dinero ese gastado en PEPCHAS y siglas raras, basta con una fiesta Brugal en nuestro café-concierto para que, de una vez por todas, tudenses y tudensas, sepamos qué queremos para nuestra ciudad: diversión y turismo de calidad brutal o brugal, que tanto monta. Ahorrémonos el dinero de la muralla, los pivotes llenos de inteligencia y la restauración del patrimonio. Llega la nueva era.


NOTA: O Decreto 160/2005, do 2 de xuño, polo que se modifica o Decreto 292/2004, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 116, do 17 de xuño), dentro da epígrafe 2.6. “Actividades de ocio e entretemento”, define, nos números 2 e 4, respectivamente, aos pubs e aos café-teatro, café-concerto e café-cantante, nos seguintes termos(...): 
  • 2.6.9. Café-teatro, café-concerto e café-cantante: “establecementos nos que se desenvolven actividades de ocio consistentes en actuacións teatrais, de variedades ou musicais en directo, sen pista de baile para o público, podendo ou non dispor de escenario e camerinos e nos cales se ofrece servizo de bebidas ou restauración. Está prohibido que nestes locais se celebren bailes”

26/11/11

(e)mocións


Xa que a discusión e o confrontamento de pareceres, ese estrano costume da democracia, non é moi do gusto dos nosos xóvenes concelleiros, criados, a pesar de todo, nos tempos da transición e do consolidamento dese vapuleado "poder do pobo", non nos queda outra que amosar aquí, nesta ágora de monitor, a moción que presentou o pasado xoves o grupo do PSOE, na que se reflexa a preocupación de moitos veciños do casco vello pola situación dos locais de licenza varia e copas ata o amancer. 

Sobrevoa o temor a que, antes de que o PEPCHA regule a incompatibilidade destas actividades e os usos habitacionais, condición sine qua non para unha verdadeira rehabilitación/dignificación do casco, se concedan apresurada e graciosamente licenzas de pubs, discotecas, tablaos, café-concertos, etc. nunha mostra máis de que non acabamos de desprendernos das maneiras da anterior corporación, cando a cidade histórica considerábase un trasteiro fundido entre matorrais.

Por iso aquí está a moción da que nin se falou onde e cando se debería. A teremos moi presente nestes meses nos que, agora sí, con feitos, se saberá cal é o grado de respeto e compromiso co casco histórico de quenes asumiron esa responsabilidade.

_______________

Citamos textualmente o párrafo final da moción desestimada:


Que  non se otorguen novas licencias de apertura de locais de ocio baixo a figura de discoteca, pub ou de café bar concerto, atendendo as recomendacións que constan no referido anteproxecto de PEPCHA, así coma as recomendacións que se fan no informe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, ata que se produza a aprobación definitiva do PEPCHA e o Concello desenvolva unha planificación axeitada dos usos do solo no casco vello, redacte as oportunas ordenanzas de ruidos nas que figuren as modificacións lexislativas máis recentes producidas neste ámbito.
E as famosas palabras do noso alcalde durante a campaña electoral que o levou  onde está:

" Quiero desarrollar bajo mi mandato el cuidado de los pequeños detalles, de las obras menores o puntuales que son las más reclamadas y las que mejoran nuestra calidad de vida y la imagen de nuestra ciudad. El conjunto histórico será uno de los lugares de principal atención."
(Moisés R. Pérez, Faro de Vigo, 26-5-11)

23/11/11

O affaire Patazumba

Permitímonos saír un momentiño da cidade histórica para difundir o recente auto sobre o affaire Patazumba e contribuir así ao esclarecimento do seu contido e implicacións.  Da lectura, armados de paciencia pola insufrible xerga xurídica, chamounos a atención esta pasaxe, polo que supón de cal e area (metáfora que ven como anel ao dedo nisto das promocións), cuxas líneas finais son citadas na nota do concello e que non está de máis completar e contextualizar:



e xa, para quen queira saber o final: