|
Resultado das augas baixantes |
Máis alá da deplorable situación na que se atopa o paseo fluvial, no que durante todos estes anos nada se fixo e presumiblemente así se seguirá ata uns meses antes do paseo ás urnas, queríamos mostrarlles estas imaxes que amosan os efectos da plastificación das terrazas da muralla na zona das escaleiras da Praza da Estrela. A creación dun fermoso parque acuático que acabará por provocar derrumbes e deteriorar, se é posible aínda máis, o entarimado do paseo nesa área. Xa temos falado do impresionante valor estético dos plásticos negros ao pé da muralla e dos exemplos portugueses que, sen dúbida, non están á altura desta intervención paisaxística de inspiración postmoderna. Agora teremos que sumarlle o inesperado regalo da natureza co que os intelixentes deseñadores tiñan planeado sorprendernos. Por suposto o espectáculo cando chove é moito máis deslumbrante do que amosan as fotos.Así da gusto.
|
Na zona máis baixa, xunto do entarimado |
|
Un pouco máis arriba, no seguinte socalco |
No hay comentarios:
Publicar un comentario