Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



8/8/12

Hai en Tui política turística?




A pregunta non é casual. Tui atesoura un rico patrimonio que a coloca como unha das máis importantes cidades-patrimonio galegas. Malia a isto, ao seu valor patrimonial, Tui apenas ten peso ou representatividade no sector turístico galego. A nosa cidade non é unha referencia do turismo galego (nin interior nin exterior), deseñado máis noutros pilares, a peregrinación a Santiago e as praias.
As cifras de visitantes a Tui revélanse como insignificantes, case ridículas se temos como perspectiva os valores do seu patrimonio histórico e natural.
Ficamos obviamente perante un problema estrutural, Tui resulta marxinado nas políticas turísticas autonómicas e iso repercute no número de visitantes na cidade e o nível de coñecementos que posúen sobre Tui, moi próximo a cero.
Non é mellor a política turística provincial ou a comarcal, en moitos casos preocupada máis por establecer unha lista de cousas a visitar en cada concello que en agrupar os recursos dispoñibles baixo un signo identificable e potencialmente atractivo.

Qué é o que acontece no noso municipio? En principio comprobamos como se manteñen, aínda que depauperadas, as políticas turísticas dos anos sesenta (sí, aquelas que crearon os Centros de Iniciativa e comenzaron a vender o turismo en España como motor económico). Estas, que no seu momento eran positivas e condicionadas polo seu tempo, ficaron sobrepasadas na actualidade.
Tui conta cunha ubicación privilexiada en canto ás comunicacións, con paso de millóns de viaxeiros polas súas pontes transfronteirizas. A isto sumamos a súa inmediación ou proximidade con lugares de gran atracción turística, Valença ou o monte Santa Tecla.
Con todo isto, o patrimonio histórico e natural de Tui apenas capta unha mínima parte de esos visitantes ou viaxeiros, na súa maior parte por descoñecemento dos valores e do potencial que ofrece a cidade.
Por suposto que antes de falar da política turística temos que falar das infraestruturas turísticas da cidade e unha das básicas neste senso é a rede de aparcadoiros, practicamente inexistente desde hai décadas, cousa que lastra a atracción e estadía de moitos visitantes. Igualmente o estacionamento de autobuses tamén falla producto dunha pésima escolla no seu momento e de non sustanciar as medidas que permitan a chegada de viaxeiros ao centro da cidade e o estacionamento sinalado para os turoperadores.
Constatamos unha continuada ausencia de signalética turística na cidade, que propicien unha cómoda achega dos visitantes á nosa cidade e o movimento nela desde os aparcadoiros ata as zonas patrimoniais.
Non se promoven publicacións que poñan en valor o patrimonio tudense. Editar un folleto non é unha medida pola que os visitantes ou potenciais visitantes poidan decidir achegarse á cidade. Extensión e contextualización da importancia do noso patrimonio, se nos mesmos só lle adicamos un par de liñas, que pensarán os demais?
Hoxe en día o concello ten obriga de crear unha web de turismo propia. Unha cidade turística ten que ofrecer os seus recursos a través dos novos medios, fáciles e económicos dada a repercusión que consiguen. Dar a posibilidade de obter información ampla (textos, fotos, planos) redunda nunha boa imaxe da cidade e no incremento de opcións para que sexa visitada.
Precísanse coordinar medidas polas que as visitas á cidade se fagan atractivas, como rutas que conecten os diversos valores patrimoniais e unión de entradas a museos e outros espazos da cidade. Isto redunda nunha imaxe turística clara. Iso de que a xente simplemente se dé unha volta á aventura só o fan os máis ousados, e estes son minoría. Hai que explicar á xente porque paga a pena dar unha camiñada pola cidade e ofrecerlle as rutas máis atractivas, curtas ou longas.
E por suposto con todo isto destacar a singularidade, o que nos fai únicos. A paisaxe cultural que forman Tui e Valença é algo singular e único. É este o motivo que pode obrigar a moita xente a se trasladar á nosa cidade para visitala. Para unha mellor xestión e optimización dos recursos, é preciso que a política turística fose común entre Tui e Valença, de cara a centralizar as estadías dos visitantes e que desde Valença e Tui fagan ás súas excursións e rutas pola rexión miñota. Cousas que se poden facer en común como edición de información, web, coordinación en museos e espazos visitables, transporte, etc. Todo é posible e ofrecerían unhas posibilidades extraordinarias ao crecemento de amba-las dúas cidades-patrimonio.
A todo isto evidénciase que en Tui non existe unha política turística na actualidade. Contar cun centro de recepción de visitantes e uns folletos non é facer política turística. Simplemente se está á espera de que se acheguen todos aqueles despistados que camiño doutros lugares atopan Tui no medio. A abrumadora maioría de visitantes non sabe o que Tui ofrece, non ten programada a visita a nosa cidade e polo tanto o seu tempo limítase a minutos (aqueles que lles deixen no estacionamento da Corredoira) para dar unha volta, tirar unhas fotos e acudir a outros lugares que sí fixeron os seus deberes en materia turística.

6 comentarios:

  1. Cierto, Tui no es una referencia del turismo gallego, o eso parace. Pero, ¿lo es La Guardia, y el monte Santa Tecla? No sé si lo es Valença. En caso afirmativo, ¿porqué lo son y cómo se consigue? Primero corresponde atraer, y luego retener. Lo primero es relativamente fácil,dadas las características de Tui, pero lo segundo no lo es, al menos actualmente, con una hostelería sin personalidad, y poco profesional, y con serios problemas de infraestructuras; aunque los servicios aparecen si hay afluencia de gentes.Sigo pensando que los gobiernos municipales hasta el presente nunca concedieron gran valor a lo que define a Tui: el casco histórico. No es casualidad que esté en las actuales conciciones de deterioro. Falta visión y voluntad de proyección exterior. La política rentable, en términos de votos, es la doméstica, y por ello dilapidan los alcaldes tiempo y energías en audiencias para resolución de pequeños problemas a modo de favores personales. Decía un extinto alcalde de UCD, refiriéndose a las gestiones con las consellerías,"yo no pido,a mí(a Tui) se me tiene que dar" . Parece que el ejemplo ha cundido.Con el turismo seguimos también a la espera de que se acerquen los flecos desprogramados por efecto descuelgue.Uno de las razones que está en la raíz de la mayoría de los problemas es que los componentes de los gobiernos municipales, no muy ilustrados casi siempre, creen que, por ignorancia, entienden de todo, y no necesitan de asesoramiento de nadie.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Los sucesivos concellos jamás han pensado en el turismo , el está ahí para ver no vale , hay un montón de iniciativas que no se llevan a la práctica , una concejalia en una ciudad turística debe ser muy profesional y con ideas nuevas ,si no no arrancamos .

      Eliminar
  2. Concienciar y Liberar9 de agosto de 2012, 14:03

    Perdón, con todos los respectos, el gobierno municipal no sabe nada de turismo, ni nada de nuestra historia.Se necesita sabia nueva, con mayor preparación, al frente de los destinos de la milenaria ciudad de Tui.Continuamos con la harina del mismo costado.

    ResponderEliminar
  3. Lo de la harina y el costado es como estar entre la espalda y la pared. Será costal lo que querría decir Conc. y Liberar ?

    ResponderEliminar
  4. Pimpinela Eslalata9 de agosto de 2012, 15:48

    O como lo de "moler la perdiz"

    ResponderEliminar
  5. Donde dije Digo, digo Dionisio; que es el equivalente a "moler la perdiz" y "marear la perdiz". Hay gente capaz de meterse un bocadillo entre pecho y espada, y quedarse tan tranquilo.

    ResponderEliminar