Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



4/5/12

Limpeza

Un exemplo de civilización que ten superada
a etapa do baldeo dous veces por ano.
Comenzamos en Foro Tude unha campaña de recollida de firmas para trasladar ao concello a preocupación e malestar pola situación do casco.

Pasa o tempo e seguimos sen ver solución a problemas que veñen dende lonxe e que día a día poñen a proba a paciencia dos veciños. Por iso cremos que hai que intentar loitar por unha cidade á altura dos tempos, sen resignarnos a esta política de ir deixando estar, abonada á inercia dos últimos anos, envolta en mediocridade de ideas, de proxectos e mesmo de vontades.

Á espera da peatonalización do casco, só reclamamos, ca forza do sentido común, limpeza nas rúas e nas licenzas dos locais de copas. Limpeza: unha fermosa palabra para comenzar.

Contamos con vós!!!

N.B. Máis información na ligazón


5 comentarios:

  1. Mi firma no la tendreis, el motivo es que mientras exista censura en el blog paso de los problemas de Tui, porque no dais con con la clave del asunto. Desde mi punto de vista os deteneis demasiados en las buenas formas y maneras y esto no funciona ni funcionara con esta clase de representantes politicos mas parecidos a un clan mafioso contructor.

    ResponderEliminar
  2. Isto está ben, pero sobre o Pepcha Foro Tude non dí nadinha de nada; siquera podía respostar algunha das preguntas que se lle facen ao respecto.

    ResponderEliminar
  3. Ó anónimo das 9:30:

    Ten vostede máis razón que un santo; algúns, uns poucos, sabemos ben como funciona o "asunto tudense". Non pertenzo a Foro Tude (axúdolles no creo que lles poida servir e terán a miña firma para esta causa e para calquera outra que propoñan) pero penso que non podemos convertirnos no mesmo cos nosos munícipes.
    A pregunta que lle formulo a vostede e a seguinte: ¿estaría vostede disposto a denunciar ou querellerse contra o clan mafioso e compañía? A denuncia é gratuita pero non prosperará porque a fiscalía está comprada (véxase caso Macoca), entón ¿estaría disposto a querellarse é a formar parte da acusación particular sufragando as minutas de abogado e procurador? (salvo que vostede esté declarado insolvente que estaría exonerado deses gastos) ¿Cantos tudenses están directamente perxudicados polos negocios do clan mafioso? Que se reunan é fagan a súa querella e repartan os gastos. ¿Por qué teñen que pagar do seu bolsillo ou da súa reputación os señores de Foro Tude ou TRP a recuperación da democracia tudense? Dubido que eles foran votantes do PP, e parece que moita xente votou por eles (véxase tamén "ensaio sobre a cegueira" do grande Saramago)

    Eu tamén estiven censurado en algúns comentarios, pero cheguei a comprender que si todo o mundo dicía comentarios coma os meus -normalmente xestados en estados de tensión fruto da impotencia ante o coñecemento de aberracións e abusos por parte dos munícipes-, istó convertíanos a nós, ós críticos, ós bos e xenerosos, en tíranos peores cos que desgobernan, amén de desacreditar e por a ras do chan iniciativas coma as de TRP ou Intramuros.

    Polo tanto, paciencia. Creo que pouco a pouco a mensaxe está chegando a cidadanía, e antes ou despois acabaran dándose conta que se están a rir deles e privándonos dos seus dereitos. E si hay presa pois formula a túa querella, adiante!, eu teño datos e probas documentais suficientes para inhabilitar e enchironar a Melero, Buján, anterior alcalde e o presente. E se non queres querellar monta un Blog coa linea editorial que ti creas conveniente. Eu tamén pensei en montar un blog un pouco "macarra" que contará os pormenores da trama tudense pero cheguei a conclusión de que ese esforzo a cidadanía tudense ni o merece ni o agradeze. So cando sean víctimas dun abuso (por exemplo pagar unha "tasa extra" para conseguir licencia de obras nun despacho da rúa doctor Cadaval) e traicionados (coma foron outros militantes do PP de Tui), entón e so entón lamentarán ter sido parte da comitiva de embusteros.

    ResponderEliminar
  4. Estamos analizando e traballando sobre o PEPCHA. En canto teñamos feito o traballo farase público. De todos os xeitos tedes, os que teñades curiosidade, acceso ao plan e ás súa fichas aquí: http://www.pepchatuiotea.es/

    ResponderEliminar
  5. Lástima que a idea das frores no casco non sexa de Foro Tude, pois o presidente está contento coma un axóurere ca medida.

    ResponderEliminar