Enténdese as presas se o PEPCHA segue as liñas maestras que debería,
clic na imaxe para ampliar
pois de ser así, pouco quedaría desta movida nocturna que, según parece, tanto interesa manter onde está. Locais que infrinxen horarios, non desempeñan a actividade pola que foron autorizados a abrir, que xeneran problemas sen fin, que representan o polo oposto do que un casco vello ten que ofrecer a visitantes e propios. ¿ De verdade que tanto costa visitar calquer outro, ben coidado e protexido? ¿Tanto copiar algunha idea para a reactivación da vida e non do ruido? ¿ Fai falla ser un Steve Jobs da recuperación para facer que as rúas do casco se convirtan en lugar de paseo, de compras e de vida normalizada, sen escoitar eses oubeos hormonales de madrugada, sen atopar o teu coche malogrado, a túa porta mexada?
Malas conselleiras as presas por que non sexa unha solución tomada con seso e tino, cos seus datos, ca opinión de quenes saben disto e a isto se aplican, con ideas variadas, con exemplos de outros lugares. Moi malas conselleiras e ousadas as improvisacións para as cousas serias e complexas.
Seguiremos o reparto de licenzas que se aveciña, a amnistía e premio para quenes, sen dúbida, levan facendo o seu traballo con eficiencia durante anos. Quenes vivimos no casco podemos aseguralo. E, por suposto, agradecemos ó concello tal mostra de sensibilidade: eses paseíños postelectorais foron moi útiles, sólo faltoulles a nocturnidade.
O QUE ESCRIBE NESTE BLOG NON SE ENTERA. AINDA NON SABES QUE OUBEAR E MEXAR NAS PORTAS É UN DEPORTE EN TUI?
ResponderEliminar