Imagen de TuiRuegosPreguntas |
A estas alturas, co que necesitábamos vitalidade e frescor na política e na democracia que faga reverdecer tanto secano, a preocupación do equipo de goberno é o control monárquico da palabra, do diálogo e da diferencia. Non hai ideas e cas deles bastan. Niso traballaban.
Unha mágoa a falla de respeto - ata chicle de spaguetti western, ansiolítico que revela que polo menos aínda queda conciencia e culpabilidade infantil-, o tono do noso alcalde ao dirixirse a cidadáns que tentaban facer o que él non demostra saber: preguntar, escoitar, dudar e ter o valor de extender ante o público o seu xénero, coma nun mercadiño de xoves, para que se debata, se de ou quite a razón. Pero con argumentos.
Unha mágoa que os nosos representantes vexan restrinxido o seu traballo, que é o de o pobo, o noso esforzo. A democracia se construiu sempre con razóns, con palabras e agora xa nin tempo haberá para usalas. Xa nin tempo teremos para ser demócratas, porque selo é actuar como tal. Qué mágoa tan grande non ter un alcalde como necesita esta cidade con ritmos e tempos dun século que non está nos libros de historia. Qué mágoa desterrar a intelixencia e as palabras, para caer nesta nefasta noite da que non damos saído, desta escola medieval de ordeno e mando transmitida agora a unha xeración nova, que debería ter aprendido algo da nosa feble e xoven democracia que os puxo onde están. Que os amamantou. Coitada.
Qué desesperanza tan grande cando se pensa que ésta consiste nun simple reconto de votos e a humildade se reserva só para outros altares e nada queda para un Salón de Plenos, ese lugar sagrado no que unidos servidores e servidos, comulgan ó xeito laico, coa palabra. A do pobo.
E este cálido outono que quere afogarnos coma nun río...
No hay comentarios:
Publicar un comentario