Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



3/10/11

Cen días e a cementoflexia

Ao infernal calor da exposición dos grandes logros obtidos polo equipo de goberno da nosa cidade, merecedores non dunha vulgar rolda de prensa, senón dun cumio internacional, queríamos recordar un dos problemas centrais que segue sen solución a pesar dos sorrisos mediáticos: a práctica totalidade dos locais de copas do casco vello, pubs ou como se lle queira denominar, desenrolan a súa actividade con licencias de cafetería ou similares sen que ninguén se ruborice entre os que teñen responsabilidade no seu control. Partindo disto, dos horarios xa nin falemos.

As consecuencias, ¿haberá que recordalo?, no deterioro da calidade de vida dos veciños, nos danos provocados pola concentración de nocturnidade, alcohol e falta de educación son moi graves.  Que isto se sepa no concello - é loable o traballo da Policía Local  nestes últimos meses no control dos horarios, como atestiguan os rexistros de entrada do concello-, que se esté o tanto das múltiples queixas de veciños, das denuncias por danos en vehículos aparcados, do vandalismo en todo tipo de benes patrimoniais públicos e privados e que mesmo o valedor do pobo requira respostas sobre o asunto é, como pouco, vergonzoso.

 É un milagro a resignación e paciencia dos veciños que  fin tras fin de semana  deben asistir con impotencia aos efectos colaterais de actividades que non son controladas por quenes teñen esa responsabilidade e, por riba, soportar con entereza a exposición dos logros da campaña dos cen días: un desbrozado de silveiras, a charla cun arquitecto, unha peonalización virtual, e o reparto duns folletos - como fai o Lidl todas as semanas eficazmente. Non se nos teña por desagradecidos ante tanto traballo feito, pero xa ven sendo hora de que alguén se poña a traballar en serio para atallar os graves problemas do casco. Este é un. E seguimos esperando unha cousa moi simple é economica: que se cumpla co deber de control das licencias. Ese día terá sentido ese cumio intergaláctico cheo de sorrisos e felicidade ante os flashes da prensa.




Mentras tanto, a bendita paciencia decae...e distraémonos contemplando esta cementoflexia que florece últimamente no casco, único ornato ocurrente nestes cen días en que se todo non segue igual, polo menos, parécese moito ao de sempre:








1 comentario: