Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



28/7/11

Licenzas sen control = 0

Coa colaboración de Lano Alonso (BNG) xa sabemos algo máis das licenzas dos pubs do casco histórico. A caótica situación, responsabilidade do concello, pode resumirse moi brevemente como segue: a maior parte deles teñen licencias de Bar, Bar-Cafetería, Cafetería especial A e que sepamos, non hai ningunha de pub ou similar. De algún deles nin existe ou aínda está en trámite. Xa temos falado do caso do Tres Tempos e fáltannos datos do Metropol.

Así están as cousas. Unha deixadez absoluta no control, que ten que facer o concello, sobre a adecuación das licenzas e a actividade desenrolada. As implicacións que, ao marxe disto, teñen os horarios de peche reais destes locais son máis que coñecidas e sufridas polo cidadán e o patrimonio tudense. Só falta un cambio na actitude do concello que debe facer o seu traballo con responsabilidade.

 Pola nosa parte,estamos considerando a organización dunha recollida de firmas para esixir unha cousa tan simple coma esta.

2 comentarios:

  1. Me parece una buena idea lo de la recogida de firmas en contra del desmadre y prepotencia por parte de los locales de ocio del casco histórico, en cuanto a la contaminación acústica y ambiental.

    ResponderEliminar
  2. metropol lleva 15 años sin insonorizar...osea desde que abrio.
    vivo pegado a la discoteca...y un dia nosa digeron que teniamos que tirar parte del muro de nuestra casa para ellos insonorizar..
    nunca mas hicieron nada.
    hoy dia sigue igual.
    solo pusieron algo de espuma en su guardilla nada mas.y cierran los domingos..osea el lunes sobre las 7:30 de la mañana.

    ResponderEliminar