Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



20/7/11

Amores perros

Como xa se podía aventurar e coma se non houbese problemas que solucionar, agora o que se fai e crealos novos: xa xurdiron as primeiras liortas entre quenes, cos famosos carteis á vista, chaman atención a calqueira que pasee o seu can sen os correspondentes accesorios e quenes, sen molestar a ninguén e con educación, vense agora culpables de non se sabe qué histeria carteleira que rodea o Náutico.


 Según parece foi unha decisión que partiu  da concellalía de Xardíns, que, xa que temos poucos e non hai moito que facer, adícase agora á cartelería canina. Non estaría de máis que, postos neses cometidos, indicase, aproveitando os estandartes instalados, que as augas da praia non son aptas para o baño -ou polo menos ata fai pouco, ata que desapareceu o cartel que o advertía-, que se recollan os restos das merendolas e cumples no parque, que se deixe limpo os espazos adicados o botellón, e, acabada a cousa, que nos sorprendese con algún xardín que faga honor o nome desa concellalía virtual e ao que nos custa.


Como curiosidade diremos que algúns destes famosos carteis -dos que sabemos- nin siquera foron instalados por persoal do concello, algo que podería interpretarse como unha invitación a por tamén os que nos pete onde nos pete, á vista de tan curioso procedimento, prohibindo o que sexa, visto que tampouco fan falla ordenanzas.
 Empeza ben esta Nova Era "centrada na calidade de vida" dos cidadáns, nas "pequenas cousas".

Proporcionamos algunhas ligazóns de interese:


3 comentarios:

  1. Este cartel me gusta mucho más! :D

    ResponderEliminar
  2. Faltaba esto: ultima actualización de la ley de PPP (perros potencialmente peligrosos):

    http://www.castro-castalia.com/1570.htm

    ResponderEliminar
  3. Gracias Candado, incluimos el enlace al post. Un saludo

    ResponderEliminar