Marabíllase un de que limpas quedan as cousas que poucas veces o estiveron, como cando lavamos o coche despois dunha tempada de preguiza e descubrimos unha cor e brillo que fan palidecer de envidia aos concesionarios. Aquí temos as escaleiras do paseo fluvial como deberon estar sempre:
Nada como unhas eleccións para facer un día o ano o que debería ser costume de xente que se preocupa por dar dignidade á súa cidade. Pero non caen no olvido os anos pasados no abandono. Asemade, resulta curioso como non se perden tics e mañas que, ao longo do tempo, foron convertíndose en lei, e, así, descubrimos outra cara desta realidade: onde van parar os residuos de algúns traballos de limpeza:
É que non se pode cambiar en dous días o que sempre se fixo como se fixo. E temos memoria, aínda que, según parece, "mirar o pasado é de fracasados". Seremos uns fracasados pero parvos, parvos, non.
NUNCA EL PASEO FLUVIAL ESTUBO TAN PERFUMADO, NO ME QUEDARON GANAS DE VOLVER
ResponderEliminar