Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



16/2/11

De socavón a fenómeno xeolóxico

Como xa levamos informando dende fai uns meses, entre as moitas mostras de abandono no que está sumido o paseo fluvial, o caso do socavón ten o seu valor exemplar. Comezou no lonxano mes de setembro e, con vida propia e convenientemente encintado, iso sí, foi medrando lentamente ata alcanzar niveis de cráter ou similar. Hoxe pola mañán xa ten outro aspecto de socavón adulto e ben alimentado que ameaza con engulilo todo. Suxerimos que sexa incluido no tríptico informativo recén salido do prelo, tendo en conta as súas curiosas e orixinais cualidades que o diferencian de calquer outro rueiro, coma reflicten as consideracións  do noso perspicaz concelleiro de Cultura :
 "Es importante entregarlo a los visitantes para que sepan en qué lugar están y cómo pueden llegar al lugar donde quieren ir", precisa el concejal de Cultura Moisés Rodríguez (Fonte: Faro de Vigo). 
Ay!, e isto pasa,  a pesar das fermosas palabras do noso rexidor: 
 En Tui, tenemos que trabajar y atraer a los visitantes contando con el pulmón que representa el Parque Natural Monte Aloia y el río Miño. ( mesma fonte) 
O pulmón estará no Aloia, pode ser, pero aquí no paseo o que temos e unha boca sen dentes pero cargadiña de apetito. Ata cando?





















No hay comentarios:

Publicar un comentario