Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



7/1/11

Compostadora do paseo fluvial

Xa demos conta das labores de limpeza que se estaban levando a cabo nunha zona da muralla no paseo fluvial e pronto  amosarémosvos os incribles resultados, fruto de un esmerado traballo da empresa concesionaria e a minuciosa supervisión do responsable do concello. Pero antes queríamos que se contemple en todo o seu esplendor a zona do xardín reservada para, cada vez que se efectúa un cortado de céspede, amontoar os residuos -porque non se retiran, non-, e co tempo e as chuvias, crear un compost da máxima calidade, unha esterqueira que sen dúbida, enorgullecerá ós esforzados paisaxistas que organizan con tanta intelixencia e gusto as cousas da natureza nesta cidade, tan comprometida co seu coidado.




Ó fondo un resto dun tubo de desagüe, semienterrado, para realzar a beleza do recuncho.

No hay comentarios:

Publicar un comentario