En máis dunha ocasión temos falado aquí do abandono dos coidados que requiren os parques, xardíns e do paseo fluvial, un patrimonio do que debería facer gala a nosa cidade, dada a súa privilexiada situación. Temos feito comparacións coa atención e mimo que os nosos veciños portugueses adican ós seus espazos verdes, ca esperanza de sementar un pouco de vergoña e afán de superación nos responsables de tanto desatino. Os resultados simplemente non se ven en ningunha parte e tampouco apuntan cambios no horizonte...
Unha mágoa cando un ve o que se fai noutros concellos dos que hai que aprender, sen prexuízos, o que poida ser imitado por estas terras.
Recomendamos que, xa postos, botedes unha ollada á páxina web do concello de Allariz, á información turística dispoñible ou a urbanística e, para dormir tranquilos, non visitedes a nosa ( na que destaca a información na pestana adicada aos plenos) nen a comparedes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario