Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



30/10/10

Primeiras chuvias

Como xa comentamos noutros artigos, a falta de limpeza e mantemento no sistema de alcantarillado, provoca situacións como as reflexadas nestas fotografías da zona da Praza da Estrela e escaleiras ó paseo fluvial, un punto no que converxen as augas pluviais de moitas rúas nas que a drenaxe é insuficiente.
As chuvias rexistradas, aínda que abundantes, non tiveron tanta gravidade como para crear esta situación que reflexa claramente as deficiencias referidas, polo que , se non se fai nada para solucionar este problema, moito nos tememos que ós veciños da zona espéralles un inverno incalificable.















1 comentario:

  1. e que vos tamen o queredes todo a ver se pensades que as escaleiras estan para que baixe a xente, pois non seguro que no concello que non fan mais que pensar en non despilfarrar os nosos cartos pensaron:

    -Por que vamos a gastar en manter o alcantarillado se temos estas escaleiras.

    Asi no verán que non chove as utiliza a xente e no inverno apagamos as luces do paseo e asi a xente no vai e nos utilizamos as escaleiras para desaguar.

    E que non se pode ser tan mal pensados eh¡¡¡

    ResponderEliminar