Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.
Proporcionamos os enlaces ás ultimas actas de plenos celebrados no concello, esperando, unha vez máis, que este hábito democrático se extenda á web do concello, acorde cos desexos expresados nela polo noso novo Alcalde:
Especialmente a internet resulta na actualidade requirimento imprescindible para unha comunicación axeitada, tanto para a difusión dos recursos culturais, turísticos e de todo tipo que posúe o noso municipio, como para facilitarlle aos nosos cidadáns unha relación o máis fluída posible e unha comunicación eficaz sobre a actividade municipal.
Nesta páxina web do Concello de Tui á que como Alcalde de Tui dóullela benvida agardamos que os cidadáns tudenses atopen unha eficaz ferramenta na súa relación co Concello e unha axeitada canle de participación e acceso aos servizos municipais. Estou certo que deste xeito contribuímos á democratización e ao fomento da participación cidadá na vida municipal.
. Gracias de novo a M. A. Capón polo seu traballo en facelas públicas.
Aproveitando o tema do anterior post, queríamos invitar á reflexión a quen lle corresponda, dado o comenzo desta Nova Era, no que respecta á situación, horarios de peche e licenzas dos locais de copas ou pubs da zona vella, unha responsabilidade que non debera deixarse de lado.
Ven isto a conto porque na última sesión de goberno aprobouse un cambio de licenza para a Cafetería - sí, como o leen, unha cafetería - Tres Tempos, que pasa a ser agora Bar con música, que antes a cousa érache demasiado silenciosa con xente lendo o xornal e croissant ó carón. Estes son os horarios que se deben cumplir (corríxasenos se existe unha normativa posterior que non atopamos),cando era cafetería 2:30, agora 5:00 de café-concierto . Sobran comentarios e conclusións sobre quen non fixo o seu traballo e que agora, vista a xogada, quen debe vixiar pola verdadeira adecuación entre actividade e licenza (véase abaixo addenda), unha vez gañada e outorgada a extensión de horario pola corporación saínte á que non llo agradeceremos o suficiente.
Seguiremos informando das diferentes licenzas das posibles confiterías -quen sabe- que pechan as 5 da mañán a ritmo de cumbia e cubata oscilante.
ADDENDA:
O Decreto 160/2005, do 2 de xuño, polo que se modifica o Decreto 292/2004, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 116, do 17 de xuño), dentro da epígrafe 2.6. “Actividades de ocio e entretemento”, define, nos números 2 e 4, respectivamente, aos pubs e aos café-teatro, café-concerto e café-cantante, nos seguintes termos:
2.6.4. Pubs: “establecementos públicos fixos e independentes dedicados exclusivamente ao servizo de bebidas. Poden dispoñer de ambientación musical por medios técnicos, pero sen pista de baile”.
2.6.9. Café-teatro, café-concerto e café-cantante: “establecementos nos que se desenvolven actividades de ocio consistentes en actuacións teatrais, de variedades ou musicais en directo, sen pista de baile para o público, podendo ou non dispor de escenario e camerinos e nos cales se ofrece servizo de bebidas ou restauración. Está prohibido que nestes locais se celebren bailes”.
Isto é o que sucede cando se permite facer da capa un saio ou unha docena, cando o que interesa está noutra parte e non se abren os ollos ao que está a suceder no casco dende fai demasiado tempo , cando se visita o casco nas procesións unha vez ó ano.
Rúa Entrefornos:
Detalle da toma eléctrica recén instalada na fachada:
Cartelería respetuosa coa imaxe dun casco histórico:
Xa ven sendo hora de que non todo dé igual e que comeze un novo período nos coidados que a cidade histórica merece. Hoxe mesmo, alcalde e concellais percorreron as rúas do casco, feito sen precedentes que lles honra e desexamos simbolice este cambio de rumbo. Por se se lle pasaron por alto estos detalles, aquí están, á vista de todos. E agradeceríamoslles unha visita nocturna de fin de semana. Pagamos a primeira ronda.
Comienza ya, tras los fastos de la corte y los discursos trufados de consenso, entendimiento y trabajo, la Nueva Era y atrás queda la funesta etapa de Rocha I. Estaremos atentos a los cambios prometidos: peatonalización, limpieza, ruidos, jardines...Deseamos, con la esperanza que alimenta la pura necesidad, que de una vez por todas, una nueva forma de entender la política municipal se evidencie en actos y maneras: sensibilidad, sentido de la estética, inteligencia, verdadera conciencia de la cosa pública, competencia y capacidad, sentido común y ambición por hacer de Tui una ciudad de la que podamos sentirnos orgullosos. Todo cuanto hemos echado en falta durante lustros.
Deseamos que el nuevo gobierno municipal pase a la memoria de los tudenses como el artífice de un verdadero cambio en su acción en el casco histórico que tantos hemos esperado y que, pronto, este blog nacido de la indignación, deje de darnos estos trabajos.
Por lo de pronto, aquí tenemos esta imagen en la que, una vez más, se pone de manifiesto la falta de profesionalidad de la empresa de jardinería - por llamar de algún modo su actividad y para entendernos- contratada, que no controlada ni supervisada por el concello, que tras cortar el césped en el paseo fluvial, no retira los residuos sino que los deja por donde les venga mejor. Bastaría con una llamada de teléfono y al orden. Un buen comienzo, barato, para una nueva era.
Ya puestos, convendría revisar el sistema de riego, nos ha costado nuestros dineros y no, como lo oyen/leen, no funciona. El verdor del césped en el paseo está a niveles extremeños. En Galicia, a pie de Miño.
Otro ejemplo de hace unos meses que se repite periódicamente, según las épocas de siega.
Neste tempo de dificultades económicas, hai necesidade, máis que nunca, de ideas, imaxinación e competencia. Xa pasaron os tempos en que con cartos e subvencións varias, podíase derrochar, convertida en metros cúbicos de áridos, a sequía creadora.
Hai que alimentar o pulo turístico, ofrecendo calidade e orixinalidade nas propostas da nosa cidade. Non é admisible, e menos agora, que a riqueza patrimonial - e non só artística, senón natural, etnográfica, etc- do noso municipio continúe nesta postración e deterioro. Xa non falamos de calidade de vida nen de respeto á cultura e ao legado histórico, non falamos de preocupacion polo medio ambiente. Agora plantéxase nuns termos que semellan ser o único que moitos entenden: cartos.
Por iso traemos aquí, o exemplo, tantas veces citado, de Allariz, que celebra estes días un Festival Internacional de Xardíns, que supón un reforzo á súa proxección no sector turístico, unha presenza nos medios , un embelecimento da vila, un declarado valor educativo e ambiental e, en definitiva, todo o que aquí sinxelamente non existe.
Este é o vídeo da edición pasada que se atopa na páxina web de coidado diseño do municipio e con verdadeira información: unha ventana aos visitantes que, desgraciadamente atópase absolutamente descuidada no noso concello. É fácil comprobar mesmo a diferencia de orientación de ambas. Fagan a proba. Dúas simples búsquedas en Google, "Allariz" e logo "Tui". O primeiro resultado en ambas son as webs institucionais; a primeira cun encabezamento: "Allariz: teu mellor destino" a segunda: "Concello de Tui". Toda unha declaración de intencións... e deixadez.
Desconocemos as razóns que teñen levado ao precintado deste local do casco vello pero esperamos que, con xustiza e sen atropelos, comence unha nova etapa en relación coas licenzas e a súa correspondencia verdadeira coa actividade desenrolada, horarios de peche, ruidos e demáis, dos pubs desta sufrida zona vella. Na medida en que existe unha clara incompatibilidade entre a convivencia de certos servizos e a habitabilidade, a defensa do patrimonio e dereitos básicos de quenes viven no casco, o concello non debe inhibirse ante este grave problema que cada fin de semana pon de relieve os seus efectos.