Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



5/6/11

Ideas

Neste tempo de dificultades económicas, hai necesidade, máis que nunca, de ideas, imaxinación e competencia. Xa pasaron os tempos en que con cartos e subvencións varias, podíase derrochar, convertida en metros cúbicos de áridos, a sequía creadora.

Hai que alimentar o pulo turístico, ofrecendo calidade e orixinalidade nas propostas da nosa cidade. Non é admisible, e menos agora, que a riqueza patrimonial - e non só artística, senón natural, etnográfica, etc- do noso municipio continúe nesta postración e deterioro. Xa non falamos de calidade de vida nen de respeto á cultura e ao legado histórico, non falamos de preocupacion polo medio ambiente. Agora plantéxase nuns termos que semellan ser o único que moitos entenden: cartos.

Por iso traemos aquí, o exemplo, tantas veces citado, de Allariz, que celebra estes días un Festival Internacional de Xardíns, que supón un reforzo á súa proxección no sector turístico, unha presenza nos medios , un embelecimento da vila, un declarado valor educativo e ambiental e, en definitiva, todo o que aquí sinxelamente non existe.

Este é o vídeo da edición pasada que se atopa na páxina web de coidado diseño do municipio e con verdadeira información: unha ventana aos visitantes que, desgraciadamente atópase absolutamente descuidada no noso concello. É fácil comprobar mesmo a diferencia de orientación de ambas. Fagan a proba. Dúas simples búsquedas en Google, "Allariz" e logo "Tui". O primeiro resultado en ambas son as webs institucionais; a primeira cun encabezamento: "Allariz: teu mellor destino" a segunda: "Concello de Tui". Toda unha declaración de intencións... e deixadez.


No hay comentarios:

Publicar un comentario