Vista dende as escaleiras |
Vista dende o paseo |
E tamén o botellón.
O vandalismo nocturno ten estas consecuencias nas escaleiras do paseo (non falemos de bancos, coches con desperfectos, roubo de macetas e vandalismos varios, cruceiro de San Telmo, etc). O que empezou fai uns meses por unha pedriña, pouco a pouco, sen que ninguén se ocupe de reparalo, pasou a ser isto que lles ofrecemos nas fotografías e que, de seguir así, pronto será un destrozo aínda maior.
Como xa dixemos moitas veces é claro que non se pode controlar as actividades nocturnas destes descerebrados un a un, pero sen dúbida, o concello non debería quedarse de brazos cruzados. Se verdaderamente lle preocupase os danos ao patrimonio, as molestias no vecindario e os variados destrozos desta ruidosa minoría, xa fai tempo que debería ter controlado licencias e horarios de peche dos locais do casco, que debería ter organizado unha vixiancia efectiva pola policía local e ter controlado os macrobotellóns, moitas veces alentados por celebracións pseudo-musicais organizadas dende o concello na idea de que esta área é apta para semellantes actividades.
Ao pé, os sillares e pedras arroxadas e a limpeza da zona |
En fin, todo isto non exime de que cando hai destrozos se reparen canto antes: todos sabemos que un entorno deteriorado é unha espiral hacia un maior abandono. Que así sexa, agora que se aproximan as eleccións e a desidia transfórmase en interés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario