Saudámosvos a todos despois desta tempada sin moita actividade no Facebook e unha parálise
galopante -se se poden mesturar así os contrarios- neste blog. A verdade é que non tiñamos moitas novas que dar máis alá dos consabidos derrumbes, alcantarillas atascadas, ruidos con nocturnidade, pubs e horarios a deshora, vixiancia... e repetir a historia fotografiada nos posts xa publicados no que a data non importa, instalados coma estamos nun tempo detido.
Sen embargo, ante os cambios que, ao fin, parece que se aveciñan relacionados coa peatonalización do casco decidimos retomar o fío desta conversa que aquí mantíamos empurrados pola preocupación e o desespero ante situación do casco.
Para comenzar queríamos ofrecervos as imaxes coas que acompañamos este texto: a desmontaxe, fai uns días, de parte da cuberta do noso coitado Teatro Principal co fin de evitar posibles desprendimentos ou derrumbes na rúa, sufragada pola fundación que promove, cáseque dende o tempo dos xogos florais, a súa digna resurrección.
Vexan que fermosa loce a luz dunha mañán de inverno nas pedras do edificio que ben podería ser o eixo da recuperación do conxunto histórico.
Xa lle podía caír unha tella na cabeza a algún. A ver se así lle viña algunha idea...
ResponderEliminarNi con golpes les vienen las ideas. El palo más eficaz es el que logra descabalgarlos del poder. Y es lo que hay que hacer, pues son un obstáculo para el desarrollo de Tui.
ResponderEliminar