No casco vello, un ano despois das promesas que non custan nada, mentres os nostálxicos residuos do desbrozado púdrense alá embaixo, nas ribeiras do Miño entre socavóns e táboas rotas, e a xardiñería fuxe privatizada ata os balcóns, aquí, diante dos ollos de todos: autoridades, axentes, veciños, visitantes e o mesmo S. Telmo, apárcase onde peta, circúlase por onde se quere, méxase en sagrado, ábrese o local sen licencia, péchase cando amañece coa mesma impunidade, recóllese o lixo con lóxica porcina e ata móntanse tablaos flamencos para alegrar aínda máis as noites dos veciños e facer caixa...
Por iso, dende este microclima moral, a nova moda das ordenanzas ten outro color cáseque metafísico. Elas pertencen ao limbo das cousas que se teñen que facer - e quedan moi ben na prensa - pero non se lles acaba de atopar o sentido máis fondo. Por iso dormirán ahí, nos arquivos, para nada...e por se algunha vez hai que tirar delas cando conveña. Mentras tanto, con sonrisa perdonavidas e comprensión, nesa laxitude dos monarcas, tan sinxelos e humanos, se deixará facer, como dicta a tradición.
É ese anoréxico concepto da democracia, tan extendido, que ten feito de tantos concellos un refuxio de mediocres, ben pegadiños uns aos outros, quentiños e satisfeitos de contar con moitos coma eles, de facer acólitos que lles dean a razón no núcleo da mezquindade colectiva. Orgullosos de ser tantos e tan astutos, xuntiños e apretados, raudos para contar votos e levantar mans ao unísono, para banquetearse entre golpeciños no lombo e susurrar as últimas comidillas palaciegas e de madrigueira, chiando a un tempo, todos a compás. Pobre do que perda o paso!
Non é difícil percibir o tremor deste exército, esta crise subterránea, este traballo de toupeiras que mina paulatinamente a esperanza nun futuro digno e roe nas raíces tenras do civismo, unha peste máis grave aínda ca deses bancos-caixas nas garras dos máis adaptados ao nicho ecolóxico da codicia.
Lástima de troika, intervención xermana e señores de negro que os puxeran a andar.
El alcalde Ches tiene mucho carrete fotográfico, pero sólo le durará tres años más.De todo esa producción de celuloide no quedará ninguna película para el recuerdo.
ResponderEliminarEl pobre hombre que se sienta en la poltrona del Ayuntamiento de Tui, es vengativo como todos los mediocrillos. Su particular sentido de la democracia le lleva a castigar a quienes apoyan a otras candidaturas. ¡Cuidado con los católicos de liturgia!Es decir, católicos para la galería.
ResponderEliminarCHES...GARABÍS
ResponderEliminarO Concello vai mercar un tragiversímetro para medir o grao de contaminación verbal da oposición.
ResponderEliminar