Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



21/5/11

Un modelo de espazo verde

Xa no fin da campaña electoral e co PXOM foi aprobado, é bó degustar noutras experiencias de planificación urbana, en concreto sobre os espazos verdes. O PXOM de Tui non é xeneroso en zonas verdes pero sí sinala unha serie de espazos xunto do río Tripes que conectarían co Paseo Fluvial e o sendeiro dos Muíños en Pazos de Reis xerando así un interesante roteiro nas marxes da cidade.
A característica máis notable de este espazo verde do Tripes é a condición de zona baixa de prado e horta próxima ao río Miño. A tentación maior que poida existir cando un día se adquiran estes terreos sexa o de ordenalos, intervir profundamente e alterar as súas características principais.
Isto xa non resulta pola mera subxetividade estética (minimalista, racionalista, axardinamento francés, inglés, etc), senón polo custe dunha acción profunda que custaría cartos do erario público. O mantenemento das hortas e dos prados existentes poden convivir con algunha acción puntual (servizos, rede camiños, novas plantacións, etc.). Non debemos ver polo tanto que a conservación das árbores froiteiras que hoxe existen sexa incompatible cun espazo verde de lecer onde o predominante son as especies ornamentais (camelios, magnolios, plátanos, thuyas, etc).
O exemplo máis interesante que coñezo (haberá outros por suposto) é o do Parque de Vista Alegre en Santiago de Compostela. É este un parque de máis de 30.000 metros cadrados, producto da adquisición dunha finca particular coa súa casa burguesa. Hoxe se mantivo as árbores froiteiras e ornamentais que tiña a finca alterando mínimamente o espazo orixinal. A casa funciona como Casa de Europa, mentres que se está a rematar co edificio do Museo de Ciencias Naturais da Universidade, está un centro de Música, o edificio da SGAE (aaaaarrrrgggg) e outro máis que se integran no parque ocupando menos do 10% da súa superficie.
Como se comproba, en Compostela malia a ter o monte Pedroso como gran espazo verde, existiu unha fonda preocupación por crear unha rede de espazos verdes que impedisen o afogamento da cidade histórica (Bonaval, Belvís, Parque da Música en Compostela, Almáciga, Vista Alegre, etc.). A particularidade de estos espazos novos, creados nos últimos quince anos, ven na visión minimalista (claro exemplo Bonaval de Álvaro Siza) que se integrou intencionalmente coa vella estrutura de hortas preexistente (exemplo Belvís e Vista Alegre) comprendendo deste xeito a orixe destes lugares e intregrándoos no tecido urbán.
É este un exemplo para reflexionar, para non contemplar actuacións abusivas nos futuros espazos do municipio e ver que pode ser compatible co seu uso e desfrute.



Suso Vila

No hay comentarios:

Publicar un comentario