Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



11/5/11

Feitos, non palabras

Iremos comentando en sucesivos artigos as propostas que os diferentes partidos políticos teñen feito nos seus folletos-programas electorais respecto da zona monumental, pero, como composición de lugar no que atinxe ao traballo feito ata o de agora polo equipo de goberno do PP, pensamos que non debería faltar para aquilatar o alcance das actuais promesas, a consideración do grao de cumplimento das que fai catro anos esperanzaron aos seus votantes. Por iso propomos aquí estes enlaces ás páxinas do seu folleto informativo electoral dos anteriores comicios, nos que destacamos algúns dos aspectos que nos chamaron a atención aos que volveremos en próximas entradas.







1 comentario:

  1. https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=explorer&chrome=true&srcid=0B7YmeaMZXD_FMmViN2I0YmItYTNkNy00OTRiLTliZWMtY2FjMTM5Zjg3OWI2&hl=en

    2007 y 2011... mismas fotos.

    ResponderEliminar