Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



27/5/11

Apocalipse

Non nos chega  o día no que o novo equipo de goberno se poña mans a obra, tan concienciado co casco vello e esas cousas pequenas pero tan importantes que fan o día a día, como ben dixo o noso alcalde in pectore.
E pódenos a ansiedade, sí, e certo temor cáseque supersticioso pois parece que algún demo anda solto por esta cidade de pedra, algún espirítu apocalíptico que empezou xogando,




e agora dáselle por enviarnos sinais do fin dos tempos, Deus nos garde: onte viuse pasar unha serpe, subida dos matorrais e silveiras que afogan as murallas á rúa, terror dos veciños,



e varios días levamos cunha fuga de auga rumorosa que parece querer engulir a escaleiras da Praza da Estrela.




Son sinais de que os tempos cambiarán? Ou un aviso de que o Anticristo fará a súa chegada entre linguas de fogo?

9 comentarios:

  1. A serpe (culebra de escalera en castelán) é inofensiva. Pero parece que alguén tentou de partirlle o espinazo dunha pedrad. Coitada, tivo que toparse cos humáns. Ademáis este tipo de serpes aliméntase de ratos, polo que ten unha función no ecosistema. De feito tería que ser visto como unha boa sinal de que a fauna nas ribeiras do Minho esté moderadamente en boa saúde. O respeto a natureza e os seus habitantes vai da man con respeto o patrimonio artístico e cultural. Trátase de respeto e sensibilidade.(Martín)

    ResponderEliminar
  2. Martín, disculpa se che demos a impresión de que non nos merece respeto a fauna ou a natureza, e que isto é incompatible co patrimonio histórico. Nada máis lonxe do que pensamos. Polo tono do artigo adivíñase, creemos, que non falábamos diso. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Non, non era eso o que eu queria dicir. Non penso que vos non respetedes a fauna. Non queria decir iso. Pero e obvio que alguen non o fixo con esta serpe, pois ten unha ferida grave nas costas que e moi posible sexa mortal. Non so e un delito matar animais protexidos como este, e ademais unha canallada. Para min non hay moita diferencia entre romper un cruzeiro por diversion ou matar unha serpe indefensa que tivo a mala sorte de estraviarse. Hai que educar tamen en esto. Simplemente queria aproveitar este blog (que penso fai unha labor fundamental para a proteccion do noso patrimonio) para facer chegar os lectores este caso. Un saudo.

    ResponderEliminar
  4. Pobre culebriña...una tarde hemos visto a su bebé cerca de las escaleras, se escondió rápido...espero que los humanos y los animales podamos convivir y si hay muchas cosas pendientes en Tui...

    ResponderEliminar
  5. É bó que haxa serpes, comen os ratos...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Machiño, cada vez que saes a area lúceste pola calidade do teu raciocinio.Vexo que como particular difieres da liña de Intra Muros que considera incompatible as serpes co casco histórico, ainda que non sei si difire tamén da de Foro Tude. ¿Non haberá no reino animal ou dos insectos alguns úteis para o casco histórico, p.e, destes que comen a merda que espalla a movida? E para que non proliferen demasiado as serpes e insectos sería bo que se estblecesen águias e mangostas que comen as serpes, e así iríamos completando o ciclo vital da natureza, e de resultas o casco histórico estaría mais vivo e habitado. ¡Nora boa, señor presidente!

      Eliminar
    2. ¡Otia! eu din a minha firma a Foro Tude para a desratización do casco histórico, e resulta que a din para que traian serpes para que coman os ratos, en vez de matalos con produtos químicos.Quizais nestes tempos de crisis sexa mellor non estragar alimentos e darlle os ratos as serpes, pois mortos con venemo non son úteis para ninguén. Cando aumente a poboación de serpes montamos unha industria con elas vendendollas aos chinos que as comen. Boa idea.

      Eliminar
  6. Pois a mín realmente non me fai moita gracia atoparme cunha serpe. Non estou no campo...

    ResponderEliminar
  7. Claro que no se debe matar animales sin motivo justificado, pero una culebra, que no todo el mundo sabe si es venenosa o no, en un espacio urbano es, en principio, una amenaza. Quien defiende a la culebra por encima de cualquier circunstancia, puede asegurarnos que, ¿no mata moscas, mosquitos ni hormigas? ¿Tampoco mata bacterias y virus, y deja que éstos se lo lleven al otro mundo? ¿Acaso no son seres vivos, independientemente de que sean considerados fauna o no?

    ResponderEliminar