Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



1/10/10

Escaleiras Praza da Estrela-Paseo fluvial

No último recodo das escaleiras de baixada ó paseo fluvial temos podido disfrutar desta panorámica durante varias semanas. Ó abandono nos cuidados de xardinería e limpeza rutinaria, súmase a maleducación de algúns, dúas conductas que entre sí se potencian. Iso nunca debera ser motivo para que se deixase así, e de este xeito segue (coas canas máis secas, claro):



(Véxase como as enredadeiras, invencibles, ameazan ós bancos e á basura: ¿serán plantas mutantes carnívoras?)








1 comentario: