Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



5/9/10

Destrozos e vandalismo do fin de semana

Como comentamos, dado que a vixilancia é nula, a educación dalgúns inexistente e o interés e aplicación do responsable municipal indetectable, pasan cousas coma esta: varios bares da zona da catedral atopáronse esta mañán con macetas rotas, mobiliario destrozado e trasladado impunemente a outra zona - un botellón máis cómodo polo que se ve-, hurtos de elementos decorativos...Si esto pasa en pleno centro, Deus nos colla confesados. Un desastre que pide a voces unha reacción dun concello inmerso na pasividade nestes asuntos.
A basura, por suposto, no seu sitio de sempre ata o luns. Vergoñento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario